Skip to main content

Concurso de montaxe de ordenadores 2019 - Información previa

Data

27 de febreiro de 2019

Hora

Quenda da mañá: 13:00 - 14:30

Quenda da tarde: 16:00 – 17:30

Superfinal: 17:45

Lugar

Salón de actos

Bases do concurso

  1. Faranse dúas quendas (unha para o alumnado de ordinario e outra para o de adultos), coa seguinte distribución para a competición:
  • Quenda de ordinario:

    • Administración de Sistemas Informáticos en Rede.
    • Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
    • Desenvolvemento de Aplicacións Web.
    • Sistemas Microinformáticos e Redes.
    • Informática de Oficina
  • Quenda de adultos:

    • Administración de Sistemas Informáticos en Rede.
    • Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
    • Desenvolvemento de Aplicacións Web.
    • Sistemas Microinformáticos e Redes.
  1. A persoa gañadora da quenda de ordinario enfrontarase na gran final contra a gañadora da quenda de adultos.
  2. Realizarase un sorteo para a adxudicación do posto para cada unha das persoas participantes. Os equipos cos que teñen que traballar terán todos a mesma configuración.
  3. Cada concursante deberá comprobar que ten todo o material indicado na lista que se lle dará o comezo da proba (compoñentes, ferramentas,...).
  4. Os/as participantes deberán continuar ata rematar; avisando a medida que finalicen ou ben remate o tempo máximo de 50 minutos.
  5. Unha vez finalicen tódolos/as participantes, o xurado, irá valorando a validez da montaxe, en base os seguintes criterios:

    1. Menor tempo empregado na montaxe (rematará cando unha vez acendido o equipo, acceda á BIOS (amosando a pantalla de recoñecemento dos dispositivos de almacenamento) e non falte ningún compoñente e todo estea ben conectado. (3 puntos a primeira que remate; 2 puntos a segunda e 1 puntos a terceira)

    2. Montaxe sen erros: parafusos correspondentes, cableado (leds, acendido, hd, reset,...) e ben configurados os dispositivos (2 puntos, montaxe perfecta; 1 punto, un só fallo).

    3. Orde dentro do equipo (embridado 0,5 puntos); e orde fóra (residuos xerados 0,5 puntos).

    4. Cumprimento das precaucións e medidas de seguridade debidas (2 puntos, traballo correcto; 1 punto, un só fallo de seguridade que non supoña risco persoal; restará 1 punto, calquera imprudencia que poña en risco a seguridade persoal)

    5. Comodín: Posibilidade de chamar algún/algunha compañeiro/a presente para que axude con algo en concreto. (restará 1 punto, se se utiliza o comodín)

  6. En caso de empate de decidirá tendo prioridade primeiro o criterio b), despois o criterio a), logo o criterio d), logo o criterio c), e por último, terá preferencia quen non usase o comodín.
  7. Unha vez determinadas as persoas finalistas de cada quenda, enfrontaranse na gran final a unha proba consistente na detección e resolución dun problema técnico no menor tempo posible e respectando as normas e precaucións de seguridade.
  8. A organización reservase o dereito de engadir, modificar ou eliminar puntos destas bases en calquera momento. As decisións do xurado e da organización non son reclamables.
  9. Haberá dous premios (1º 150€, 2º 120€). Os gañadores ou gañadoras recibirán un vale para material informático polo importe do premio.