Skip to main content

Biblioteca: Club de lectura, manga e voluntariado

Neste curso, volvemos a poñer en marcha o club de lectura e o voluntariado da biblioteca e, como novidade, tamén teremos club de manga.

No club de lectura leremos, comentaremos e realizaremos actividades relacionadas con estes libros. No voluntariado, participarás no funcionamento da biblioteca aportando as túas ideas, participando na decoración, axudando a escoller novos libros e outro material para mercar, etc.

Se che gusta a lectura e queres participar nalgunha destas iniciativas, apúntate a través deste formulario. Primeira reunión para decidir as lecturas dos clubes o venres día 14 no recreo da mañá.

Podes ver algunhas das actividades do curso pasado aquí.

O IES de Teis coas mulleres iranianas