Skip to main content

Club de Manga de marzo : Spy x Family

<br />
    Spy x family

Foi un encontro cheo de intrigas: os membros do club de Manga tiveron que cumprir varias misións do mesmo xeito que en Spy x family.

A sesión empezou cunha chamada telefónica dun axente secreto do IES de Teis e logo seguimos descubrindo máis misterios moito máis sinxelos por certo dos que pasan en Spy x Family.

Efectivamente, Loid Forger, o protagonista do manga ė un axente secreto que traballa baixo o nome de Twilight.

A súa misión é manter a paz entre os países ficticios Ostania e Westalis. Para iso, ten que formar unha familia. Adopta entón unha nena que ten poderes de telepatía e acepta casar cunha muller que resulta ser unha asasina ao servizo de Ostania.

 

Galería de imaxes do evento

Spy x family Spy x family

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License