Skip to main content

Club de lectura

Clubes de lectura

Continúa na nosa biblioteca o club de lectura! Os pasados meses adicámolos a libros que tanto o alumnado como o profesorado desfrutamos moito.

No mes de marzo lemos Tierra, de Eloy Moreno, un libro que invita á reflexión sobre o mundo no que vivimos. Así, na reunión do club dialogamos sobre os contidos do libro e reflexionamos sobre eles a partires dunhas preguntas establecidas e formando dous equipos que ían respondendo alternamente ás preguntas.

No mes de abril cambiamos de xénero cara ao misterio e lemos Un de nós mente, de Karen McManus, que nos mantivo enganchados durante horas. Un misterio nun instituto, con personaxes estereotipadas que, a medida que as imos coñecendo, nos fan darnos conta da falsidade das etiquetas.

Aproveitamos que este último libro foi levado á pequena pantalla en forma de serie para que o alumnado preparase un booktrailer do mesmo.

Como o mes de maio é un mes sempre moi ocupado no instituto, o próximo club de lectura terá lugar xa en xuño co libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.

 

Galería de imaxes do evento

Club de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura TierraClub de lectura Tierra Club de lectura Un de nós menteClub de lectura Un de nós menteClub de lectura Un de nós mente

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License