Enviado por admin o Sáb, 04/06/2022 - 20:52
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, colabora co Departamento de Tecnoloxía, na realización do Club de Ciencias.
Dende o Departamento de Bioloxía, este curso ofertoúselle ó alumnado de 3º ESO a posibilidade de participar, no club de ciencias. A sesión do club de ciencias realizábase no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, os luns de 16:00 a 17:30.
As prácticas seleccionadas estaban relacionadas cos contidos curriculares de 3º ESO que permiten os participantes aplicar os coñecementos acadados na aula e ampliar o tipo de prácticas que xa realizaron no club de ciencias que tiveron fai dous anos cando estaban en 1º ESO, completando así a súa formación científica.
As prácticas que realizamos co alumnado foron:
- Normas de seguridade e funcionamento do laboratorio. Xogo no que aplicar estas normas.
- Identificación de material de laboratorio. Observación do material de laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía e do de Física e Química. Xogo no que puñamos nome os debuxos de distintos instrumentos de laboratorio e engadimos debuxos de material que non ven contemplado no guión de traballo.
- Ovo osmótico. Práctica útil para ver que a cáscara do ovo é carbonato cálcico que en vinagre desaparece soltando burbullas que son de CO2 (relacionamos este feito coa propiedade de efervescencia de minerais e rochas carbonatadas). Unha vez eliminada a cáscara podemos explicar co experimento que é a osmose, que é o medio hipotónico e hipertónico, como afectan estes medios neste caso o ovo sen cáscara (poderías ser unha cenoira ou pataca) en canto a perda ou ganancia de masa. Para iso usamos balanza e facemos os cálculos pertinentes. Ademais puidemos explicar que es la plasmólisis e turxencia en preparación dun tecido a partir dun caravel vermello.
- Estudo de distintas moléculas orgánicas: análises de la presencia de amidón en los alimentos (fraudes alimentarios), elaboración de xabón a partir de aceite (reacción de saponificación de lípidos), extracción de ADN.
- Observación de preparación de tecidos animais e vexetais de colección, o microscopio. Así mesmo elaboramos preparacións propias a partir de mucosa bucal e cebola.
- Elaboración dunha dieta e análise do etiquetado dos alimentos
- Traballamos os distintos órganos dos sentidos (gusto, olfacto, vista) en distintas prácticas.
- Creación dun modelo pulmonar, a partir de una botella de plástico , palliñas e globos, enchendo e baleirando os pulmóns en función do descenso ou ascenso do diafragma, ventilación mecánica. Levase o modelo a aula para que o visionado do mesmo por parte do resto do alumnado.
- Disección dun corazón de porco para los ventrículos, aurículas, venas y arterias. Elaboración dun vídeo para a proxección nas distintas aulas de 3º ESO.
- Análise de etiquetas de medicamentos.
Introducimos algunhas prácticas físico-químicas:
- Calcular a densidade de minerais. Traballamos as magnitudes de masa, volume para calcular densidades. Para iso usamos os instrumentos de laboratorio como son báscula, probetas. E as fórmulas matemáticas necesarias.
- Densidade da auga fría e quente e da auga destilada e salgada. Comprobar que ocorre nestes casos e relacionalo con fenómenos que ocorren na natureza como son os afloramentos e a cinta transportadora mariña.
- Observar a tensión superficial da auga que permite que sobre ela floten alfinetes, clips e na natureza se despracen os zapateiros.
- Capilaridade da auga, que permite o movemento ascendente de auga a través doutros corpos.
- Medir o pH de distintas substancias (auga, xabón, lixivia, limón, vinagre). Realizamos un experimento para ver como a choiva ácida afecta a edificios e a vexetación.
- Cromatografía como método de separación de moléculas disoltas, neste caso para separar pigmentos fotosintéticos (clorofilas a, clorofila b, ᵦ-Carotenos, Xantofilas).
- Cristalización de substancias disoltas e análise dos cristais para determinar en que sistema cristalino cristalizaron.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License