Skip to main content

A vida atípica de Alberto

<br />
    Charla ASTEAVI

O pasado venres 21 de outubro o noso alumnado de Informática ateigou o Salón de actos para asistir á charla de Alberto Sanjurjo, que acompañado da súa psicóloga María Pacín, da asociación AsTEAVi, nos achegou un magnífico relato da súa experiencia que enganchou a todos e a todas de inmediato.

O alumnado estivo moi atento e fixo ao rematar moitísimas preguntas para comprender mellor a vida e os sentimentos das persoas con TEA.

Saímos de alí comprendendo un pouco mellor as persoas con Asperger, aprendemos algo máis sobre como interactúan, como senten ou como se emocionan.

Grazas a Alberto, a María, a Asteavi por ter compatido connosco a súa experiencia. Foi un pracer poder recibirvos no noso centro!

 

Galería de imaxes do evento

Charla ASTEAVI Charla ASTEAVI Charla ASTEAVI Charla ASTEAVI Charla ASTEAVI Charla ASTEAVI

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License