Skip to main content

[Actualizada] Charla-coloquio - Falemos das redes sociais: implicacións para a saúde

Estimadas familias

O IES de Teis, en colaboración coa ANPA, comprácese en invitalos á charla-coloquio:

Falemos das redes sociais: implicacións para a saúde
Que será impartida por Sandra González Covelo, graduada en enfermería pola Universidade de Vigo, o vindeiro mércores 30 de xaneiro, ás 19:00 horas martes 5 de febreiro, ás 19:00, no salón de actos deste centro.

Asemade, aproveitaremos esta actividade para dar a coñecer o noso centro (oferta educativa, instalacións, proxectos de centro, etc.) ás familias dos centros adscritos San Salvador e San Fermín.

Será importante para nós contar coa vosa presenza.