Enviado por admin o Mér, 18/01/2023 - 08:35
O pasado 13 de decembro o alumnado de 2º do CM de Sistemas Microinformáticos e redes visitou, en compaña do director e profesor Agustín Sobral e a profesora de FOL Lara Bendaña o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Poñendo en práctica os seus coñecementos adquiridos no módulo de Seguridade Informática, puideron comprobar in situ as medidas físicas de seguridade activas e pasivas dun Centro de Procesado de Datos (CPD).
Non será a única visita que fará o noso alumnado ao CESGA; que sempre non acollen cos brazos abertos.
Ao finalizar puideron visitar o casco vello da cidade compostelá e comer pola zona.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License