Enviado por admin o Mér, 07/12/2022 - 18:39
O alumnado de ESO e Bacharelato de Teis recibiu con ilusión unha remesa de cartas desde a escola Austmarka barne og ungdomssicole, en Austmarka, Rindavegen, Noruega, coa cal mantén correspondencia. Os contactos tamén se levan a cabo a través de Snapchat e Instagram, buscando intercambiar rasgos cuturais, costumes, estilos de vida e aficións. O seguinte paso será falar das nosas celebracións e o Nadal en Vigo e Galicia e desexarlles boas festas.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License