Enviado por admin o Mar, 02/05/2023 - 12:02
O pasado 21 de marzo as alumnas e alumnos do ciclo de Estética Integral e Benestar visitaron o Balneario de Cuntis.
Esta xornada permitiu que tanto o alumnado que pertence ao réxime ordinario como ao vespertino matriculado no módulo de Estética Hidrotermal compartisen esta experiencia.
Todo o persoal do Balneario mostrouse moi acolledor co grupo e tiña a visita organizada dun xeito moi proveitoso. Pola mañá, o alumnado tivo a oportunidade de ver e practicar as diferentes técnicas termais. Despois de comer puideron probar os beneficios do Aquaform.
As alumnas e alumnos mostráronse moi entusiasmados durante toda a visita e moi satisfeitos ao final da xornada.
Esta saída permitiu que o noso alumnado: vise as instalacións dun balneario, observase o seu funcionamento, practicase diferentes técnicas termais, e experimentase os beneficios da auga termal.
En definitiva, foi unha saída didáctica, útil e moi proveitosa.