Enviado por admin o Ven, 17/02/2023 - 16:26
Dentro do Plambe e o club de lectura, no mes de decembro tanto o noso alumnado coma o do IES Paralaia leron "Corredora" de María Reimóndez, unha historia de superación, de construción da identidade e de libertade. E mentras comentaban a lectura decoraron e intercambiaron bólas de Nadal para ter un recordo dese momento lector.
Agradecemos ao alumnado e ás profes de Paralaia a visita e a alegría que desprenderon.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License