Skip to main content

Ampliación da oferta educativa no IES de Teis en ciclos de familia de Informática e Comunicacións

Formación Profesional

O IES de Teis amplía a oferta educativa na familia de Informática e Comunicacións no próximo curso 2018/2019.

No ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web ofértanse 60 prazas (30 en réxime ordinario e 30 en réxime de persoas adultas).

No ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma ofértanse 60 prazas (30 en réxime ordinario e 30 en réxime de persoas adultas).