Skip to main content

Proceso de admisión alumnado 2018/2019 (Formación Profesional)

Formación Profesional

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente.

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Na páxina web da Consellería tedes toda información sobre o procedemento no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral.

Tamén se publicou o calendario de admisión dispoñible no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7645.

Para cursar polo réxime de persoas adultas consultar os itinerarios formativos no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/itinerarios-adultos

A oferta educativa no IES de Teis para Formación Profesional é a seguinte:

Formación Profesional - Imaxe Persoal

Ciclo formativo Plazas
Ciclo Básico de Peiteado e Estética (Réxime Ordinairo) 20
Ciclo Medio Estética e Beleza (Réxime Ordinario e Réxime para Persoas Adultas) 22 en cada réxime
Ciclo Medio Peiteado e Cosmética Capilar (Réxime Ordinario e Réxime para Persoas Adultas) 22 en cada réxime
Ciclo Formativo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa (Réxime para persoas Adultas) 30
Ciclo Superior Estética Integral e Benestar (Réxime Ordinario e Réxime para Persoas Adultas) 22 en cada réxime

Formación Profesional - Informática e Comunicacións

Ciclo formativo Plazas
Ciclo Básico de Informática de Oficina (Réxime Ordinairo) 20
Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Réxime Ordinario e Réxime para Persoas Adultas) 30 en cada réxime
Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos e Redes (Réxime Ordinario e Réxime para Persoas Adultas) 30 en cada réxime
Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (Réxime Ordinario e Réxime para Persoas Adultas) 30
Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (Réxime Ordinario e Réxime para Persoas Adultas) 30 en cada réxime