Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Acto de condena dos lumes na nosa comunidade

Hoxe, 16 de outubro de 2017, ás 11:25 celebrouse un acto no hall do instituto un acto de condena dos lumes que se están a producir nos últimos días e solidariedade cos afectados.

Reunidado o alumnado e profesorado no hall, o director pronunciou unhas breves palabras de repulsa e condena de todo o que está acontecendo.

A continuación, forón os alumnos e alumnas as que tomaron a palabra con breves reseñas enfatizando a condena, inxustiza e amor pola natureza.

Reunión no hall