Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Actividades do departamento de galego

As “Bibliotecas Viventes”

Un ano máis o alumnado de 4º achegouse aos “libros vivos”. A cita foi o 12 de abril no Auditorio do Pazo de Congresos do Mar de Vigo, a experiencia moi emotiva e instrutiva.

Bibliotecas viventes Bibliotecas viventes
 

Acudimos cos de 3º ao Certame de regueifas da cidade, en Valadares, o 27 de abril. O ambiente festeiro de convivencia con outros centros entusiasmou aos rapaces. Para repetir! Festa rachada pola nosa cultura oral!!

Certame de regueifas Certame de regueifas
 

Maio coas Letras

Correlingua 2018 (16 de maio)

Desta vez acompañounos o bo tempo na andaina para visibilizar a nosa lingua desde o Concello ata o parque de Castrelos…Música, merenda, diversión...grazas á nosa LINGUA.

Aquí vos deixamos as fotos co alumnado de 1ºESO.

Correlingua Correlingua Correlingua
 

Obra de teatro (23 de maio)

“Unha historia de amor” de María Victoria Moreno coa nosa lingua.

Serafín Marcos voltou de novo ao noso centro para achegarnos á homenaxeada das Letras. A súa representación tan viva, expresiva, emotiva non deixa indiferente ao espectador senón que o enfeitiza.

Teatro no IES Teatro no IES
 

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License