Skip to main content

Actividade de loita contra a transfobia, a homofobia e a bifobia

<br />
    Actividade contra a homofobia, transfobia e bifobia

O pasado 5 de maio tivo lugar no noso instituto unha actividade de loita contra a transfobia, a homofobia e a bifobia.

Consistiu nun obradoiro no que participaron 4°ESO e 1°BAC. O alumnado dividiuse en tres grupos a cargo de Rihanna e David do IES Paralaia, e Anabel da asociación Paxaretas que se encargaron de formar ao seu equipo en feminismo, orientación sexual e transexualidade, tanto desde unha perspectiva histórica, como falando da actualidade e desmitificando conceptos relacionados.

Tras 45 minutos de formación, cada grupo facía preguntas aos outros, que se resolveron nun gran debate no que tamén se fixeron intervencións tanto das persoas expertas como do propio alumnado. Por último levouse a cabo unha rutina de pensamento "Antes pensaba..., agora penso..." na que os participantes expresaron o seu cambio tras realizar a actividade.

A experiencia foi moi positiva e o alumnado quedou con ganas de máis.

 

Galería de imaxes do evento

Actividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobiaActividade de loita contra a homofobia, transfobia e bifobia

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License