Skip to main content

Visita aos museos científicos de A Coruña

O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña

O día nove de xaneiro máis de 80 alumnos e alumnas do centro visitaron os museos científicos da Coruña. A visita foi organizada polo departamento de Matemáticas, e participaron profesores dos departamentos de Física, Tecnoloxía, Latín e Castelán.

Con esta visita tratamos de romper a rutina da aula. O carácter interactivo e dinámico dos museos fixo a actividade moi atractiva para todos os que participamos nela.

No Aquarium Finisterrae mergullámonos no submarino do capitán Nemo, mentres robalizas, sargos e tiburóns nos rodeaban, e compartimos o almorzo coas focas. Despois tocou coñecer a aventura da evolución humana e pasear pola marabilla do noso corpo na Domus. A continuación, na Casa das Ciencias, descubrimos a “maxia “ da física . Para finalizar, no Planetarioa viaxamos dende o noso ceo de inverno ata os confíns do universo.

Todo o alumnado e profesorado que participou na actividade considerou a experiencia moi satisfactoria: foi un día diferente no que puidemos convivir, pasalo ben e aprender.

 

Galería de imaxes do evento

O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña O alumnado do noso centro visitou os museos de A Coruña

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License