Skip to main content

O IES de Teis participou no V Concurso de Robótica da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo

Alumnado do IES de Teis vendo a táboa clasificatoria

Este venres 26 de abril o IES de Teis participou no V Concurso de Robótica da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

O concurso consistía en superar dúas probas, na primeira o robot tiña que seguir unha liña branca nun circuíto esquivando dúas latas que había no percorrido e na segunda o robot tiña que “varrer” catro latas fora dun círculo delimitado por unha liña branca sen saír do mesmo.

Pódese ver aos equipos do IES de Teis superando ambas probas nos vídeos.

Os equipos do IES de Teis obtiveron un gran resultado, chegando á fase final dous dos tres que participaron, quedando 6º dun total de 51 o equipo de 2º ESO e 13º de 61 un dos equipos de 1º de Bacharelato. Aínda que o obxectivo foi desde o principio aprender a superar os retos e traballar en equipo, quedando ambos plenamente superados.

O departamento de Tecnoloxía quere transmitir ao alumnado participante os seus parabéns polo esforzo, que incluíu moito traballo fóra do horario lectivo.

Ligazón ao artigo do Faro de Vigo sobre o evento

 

Vídeos e imaxes dos equipos do IES Teis

Concurso de robótica 2019 Concurso de robótica 2019 Concurso de robótica 2019

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License