Skip to main content

O Departamento de Tecnoloxía celebra o “Día das rapazas nas TIC”

Novamente o Departamento de Tecnoloxía puxo o seu graniño de area en prol da igualdade achegando ás nosas alumnas a terreos que ata non hai moito tempo estaban dominados polos homes. Se no mes de marzo realizouse unha visita á Universidade de Vigo para potenciar o papel da muller en saídas laborais relacionadas co ámbito STEM, o pasado xoves 25 de abril o departamento celebrou o “Día das rapazas nas TIC”. Este evento enmárcase dentro do proxecto europeo ICT-Go-Girls!, que busca facer conscientes ás mozas das súas habilidades no ámbito das TIC e axudalas a descubrilas ( "https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/). Para conmemorar esta xornada os profesores Bernardo Álvarez e Denís Alén gravaron coas nosas alumnas distintas videomensaxes co obxectivo de animar ás rapazas a interesarse polas TIC e a contemplalas como unha posibilidade no seu futuro laboral.