Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

JoomlaDay Vigo 2017

O próximo día 23, celébrase na nosa cidade o JoomlaDay Vigo. O grupo de usuarios de Joomla de Vigo púsoxe en contacto co departamento de informática pois están preparando un congreso con ponencias de primeiro nivel de deseño web e Joomla.

Os organizadores están moi interesados en que os alumnos e alumnas do noso centro poidan asistir pois creen que será unha experiencia sumamente enriquecedora.

A asistencia ao JoomlaDay Vigo é gratuíta, pero é necesario inscribirse a través do seguinte formulario: https://joomlaes.org/joomladays/joomladay-vigo-2017/registro-entradas.

Neste enlace temos a lista de ponencias: https://joomlaes.org/joomladays/joomladay-vigo-2017/ponencias.