Skip to main content

As alumnas do IES de Teis celebran o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia na Universidade de Vigo.

Alumnas do IES de Teis no día da muller e nena na ciencia

O pasado luns, 11 de febreiro, as alumnas de 3º ESO do IES de Teis participaron nas Xornadas conmemorativas do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, na Escola de Enxeñería Industrial do campus de Vigo da Universidade.

Un grupo de docentes e investigadoras xunto coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo organizaron obradoiros para conmemorar o 11 de febreiro. O obxectivo é darlle visibilidade ao traballo das científicas, a crear roles femininos no eido da ciencia e a enxeñería e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero.

As alumnas de 3º ESO do IES de Teis participaron en obradoiros de termografía infravermella, de deseño e prototipado 3D, e sobre o proxecto Fórmula Student.

 

Galería de imaxes do evento

Alumnas do IES de Teis no día da muller e nena na ciencia Alumnas do IES de Teis no día da muller e nena na ciencia Alumnas do IES de Teis no día da muller e nena na ciencia Alumnas do IES de Teis no día da muller e nena na ciencia Alumnas do IES de Teis no día da muller e nena na ciencia Alumnas do IES de Teis no día da muller e nena na ciencia

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License