Skip to main content

As alumnas de Estética Hidrotermal fan unha visita técnica aos balnearios de Mondariz e Caldelas de Tui

As alumnas, profesoras e a directora médica do Balneario de Mondariz Laura Gómez

As alumnas e profesoras de Estética Hidrotermal do IES de Teis realizaron o pasado día 14 de marzo unha visita técnica e actividades prácticas nos balnearios de Mondariz e Caldelas de Tui. Ó longo do día visitaron, en primeiro lugar, as instalacións do Balneario de Caldelas de Tui, onde recibiron ademais as explicacións da directora e da responsable de fisioterapia en canto os seus programas estrella de respiratorio e reumatoloxía.

Despois realizaron prácticas no balneario de Mondariz, onde poideron practicar tódalas técnicas termais dirixidas polas súas terapeutas.

Na imaxe, as alumnas, profesoras e a directora médica do Balneario de Mondariz Laura Gómez.