Enviado por admin o Ven, 13/01/2023 - 10:40
Como cada ano, o 25 de novembro conmemoramos no IES de Teis o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Nesta ocasión, se realizaron dous photocalls nos que se reflectían frases contra a violecia machista e os nomes das vítimas asasinadas no ano 2022.
Coma todos os anos, participamos no Enlaza Vigo e creamos un punto lila de información.
En ambas quendas se levaron a cabo actos conmemorativos nos que se leu un manifesto, se recordou ás vítimas e se gardou un minuto de silencio.
Ademais, para lembrar ás vítimas se trazaron no chan dos corredores siluetas para representar os asasinatos.
O grupo de igualdade e o alumnado traballou arreo para que todo estivese preparado a tempo.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License