Skip to Content

VISITA A FACULTADE DE BELAS ARTES E A EXPOSICIÓN “PICASSO. EL VIAJE DEL GUERNICA”

O pasado xoves 12 de decembro o alumnado de 4º de eso e Debuxo Artístico de Bacharelato I e II visitou a Facultade de Belas Artes e a exposición “Picasso. El viaje del Guernica” en Pontevedra.

 

Na facultade foron recibidos polo Decano Xosé Manuel Buxán,  quen lles ensinou as diferentes aulas: pintura, deseño de moda, audiovisuais,... e os talleres onde os alumnos, dependendo do proxecto que estean desenvolvendo, poden traballar co material elixido (madeira, metal, plástico,...).

 

Na exposición itinerante sobre o cadro “Guernica” de Picasso puideron coñecer a historia dunha das obras más emblemáticas da arte do século XX, dende a súa creación en París en 1937 ata o seu emprazamento permanente no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía en 1992.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut