Skip to Content

Proxecto SOMOS ARTISTAS. Curso 2018-2019

Neste curso embarcámonos nun proxecto artístico proposto polo concello de Soutomaior.

 

Tratábase de humanizar o noso instituto recentemente estreado e que os alumnos o fixesen máis seu a través da arte. 

 

Os alumnos/as de Plástica de 4º de ESO e de Debuxo Artístico de bacharelato traballaron en grupos. O obxectivo era elaborar un proxecto artístico partindo dos intereses e motivacións do alumnado intervindo dentro dos espazos anodinos do centro educativo. 

 

Dúas profesoras da facultade de Belas Artes, Itziar Ezquieta e Begoña Paz, guiáronnos no proceso. Mostraron ao alumnado nunha primeira sesión unha selección de obras de artistas contemporáneos para que visen distintas estratexias para traballar, diferentes materiais, a importancia do espazo e da interacción co espectador... 

 
    

Cada grupo elixiu un tema e un espazo onde facer a súa intervención e puxéronse mans á obra: bosquexos, medidas do espazo, fotos, maquetas,... 

 
       
     
   
 
 

O resultado son 5 pezas colocadas no primeiro piso e unha delas na entrada. 

 

O proxecto finalizou cunha exposición guiada para todo o alumnado na que cada peza foi explicada brevemente polos seus autores. (Podedes ver os adxuntos).

 

  n              

 
AnexoTamaño
Espellismos_ficha.pdf4.14 MB
In-visibles.pdf6.74 MB
A liberdade das cores_ficha.pdf5.03 MB
A_nosa_terra_ficha.pdf5 MB
Natureza_ficha.pdf7 MB


blog | by Dr. Radut