Skip to Content

Complementarias

Charla divulgativa sobre doazón e transplantes

 

    O pasado xoves, 12 de febreiro, os alumnpos de 1º de bacharelato do centro asistiron no salón de actos a unha charla que impartíu Alejandro Montero, enfermeiro da unidadde de transpalntes do CHUAC, sobre a doazón de órganos e tecidos.

    Xunto con él, asistiu José Manuel de Llano, un vecino de A Coruña que hai 15 anos foi transplantado de fígado e de páncreas. Ensinou ao noso alumnado a importancia de ter unha segunda oportunidade e reflexionou sobre a importancia da doazón "xa que así se salvan vidas".

    A actividade divulgadora da oficina e mais de Alejandro e de José Manuel de seguro que calou.

Cinensino no teatro Jofre

 

    Os alumnos de 1º e 2º de ESO xunto cos seus profesores asistiron á primeira sesión desta edición de Cinensino o luns 9 de febreiro.

    Esta primeira actividade, que será traballada na aula durante as próximas sesións de titoría, céntrase na película "El camino de vuelta".

    O programa de educación en valores de Cinensino englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.

Celebración do día da paz


 
 

    O pasado venres 30 de xaneiro, celebramos no noso centro o día da paz.

    Como podedes ver nas fotos, os departamentos de Plástica, Tecnoloxía, Relixión, Lingua Galega e Lingua Castelá organizaron traballos cos alumnos para reflexionar sobre a importancia de construir unha sociedade libre de violencia.

    Celebremos a paz todos os días!

Actividade complementaria de Música

   

    Os alumnos de 3º de ESO, xunto cos seus profesores Almudena e Juan José, foron o xoves 5 de febreiro á Coruña para asistir a un concerto organizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, co obxectivo de achegar a música en directo.

    A programación da actividade estaba deseñada para que público de diversas idades comparta a emoción do encontro artístico que supón un concerto, cada un deles é único e irrepetible.

    A actividade complementaria do departamento de Música desenvolveuse na Sala Ágora dentro do ciclo o Jazz na Banda.                                                  Ver fotografías

Uso seguro de internet e da telefonía móbil

 

    Dentro do programa de actividades complementarias os alumnos de 2º e 4º de ESO asistiron a unha conferencia sobre a seguridade e os perigos no uso de internet e a telefonía móbil.

    A conferencia foi impartida de forma amena por un inspector de policía, que informou ós alumnos de como facer un uso responsable e seguro das redes wifi, da telefonía móbil, das redes sociais, do correo electrónico e outros aspectos das novas tecnoloxías.

  Os alumnos foron informados tamén dos perigos do ciberacoso, sexting, roubo de identidade, roubo de contrasinais e outros riscos das novas tecnoloxías.

MATEXPO no Sofía Casanova

 

   Dende o 12 de xaneiro e ata o 26, podemos disfrutar no hall do salón de actos dunha exposición itinerante da Fundación Barrié que trae ao noso centro o departamento de matemáticas.

    A exposición está formada por 6 tótems verticais cuadrangulares (24 caras). Neles podedes ver as 46 mellores obras do concurso (entre fotografías matemáticas e esopías) en formato A3 plastificado co seus respectivos carteis descriptivos.

    Animádevos a preguntar ao voso profesor de matemáticas para participar no concurso.

   Se queredes máis información visitade: http://mateblog.educabarrie.org

As invasións biolóxicas

 

    O luns 15 de decembro, a profesora da Facultade de Farmacia da USC Inmaculada Romero Buján veu ao noso centro a impartir unha charla sobre "Invasións biolóxicas".

   Iniciou a charla definindo o concepto de invasión biolóxica mediante exemplos. Tamén comentou as vías de introducción destes individuos exóticos mediante especies coñecidas, como o visón americano, para concluír comentando como se realiza o proceso de invasión. Concluíu indicando como está a situación en Galicia en relación á flora exótica invasora, cales son as especies máis comúns mediante o uso de exemplos e que problemas ocasionan.

    Foi unha experiencia moi interesante da que aprendemos moito.

Visita a "Afundación" e "CTB"

   

     Os alumnos de 4º de ESO acompañados polas súas profesora Ángeles Doce e María Lanza, relizaron o xoves 16 de decembro unha visita á exposición "MÚLTIPLE. A ARTE DOMINGO GRAVADO DE PICASSO A BARCELÓ" e realizaron un taller onde practicaron a técnica da Xilografía con linóleo en Afundación.

    No Centro Torrente Ballester (CTB) fixeron unha visita guiada onde lles falaron sobre a historia do edificio e sobre a súa arquitectura, incluíndo o almacén cos fondos de pintura do museo. Ademais visitaron dúas exposicións temporais unha de FAUSTO ISORNA "O CEO DÁS ILUSIÓNS" sobre fotocollage e outra colectiva "ESPAZO PÚBLICO / ESPAZO PRIVADO" sobre imaxe fotográfica e videocreacións.

   Ver fotografías da visita

Distribuir contido


by Dr. Radut