Skip to Content

Complementarias

Visita á factoría Citroën

   

    Os alumnos de 4º de ESO da área de Tecnoloxía asistiron este xoves 28 de maio a unha visita ás instalación da factoría Citroën en Vigo.

    Xunto coas súas profesoras Beatriz Méndez e Eva Leira puideron observar, no complexo proceso de producción da moderna factoría, moitos dos aspectos da robótica estudados na aula.

Ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia

   

     O alumnado de Música de 4º de ESO e 1º de bacharelato, acompañados polas súas profesoras Almudena Armada e Bea Méndez, acudiron o xoves 21 de maio a un presenciar un ensaio da OSG.

     A experiencia foi moi enriquecedora e todos disfrutaron moito da música.

Itinerario das letras galegas

   

Os alumnos de 2º de ESO, acompañados polas súas profesoras de Lingua e Literatura Galega, realizaron o xoves 21 de maio un itinerario por Cambados e Pontevedra para conmemorar o día das letras galegas adicado a Filgueira Valverde.

Se queres ver o itinerario, visita a páxina da biblioteca.

Campionato de fútbol

   

    Entre os días 12 e 18 de maio, durante os recreos, celebrouse un campionato de fútbol entre os cursos de 1º, 2º e 3º de ESO.

    Noraboa aos gañadores: a clase de 2º ESO B.

12 de maio: día escolar das matemáticas

 

    O día 12 de maio, celebramos o día escolar das matemáticas, data que coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, que foi o iniciador da didáctica das matemáticas no noso país, e que naceu en 12 de maio de 1900.

    Para celebrar este día, durante a semana do 12 ao 15, o departamento de matemáticas organizou xogos matemáticos durante os recreos.

Encontro con Xavier Alcalá

 

      O martes 12 de maio, tivemos no noso centro a visita do profesor e escritor Xavier Alcalá, quen disertou nunha amena charla para os nosos alumnos acerca da importancia da curiosidade intelectual, a cultura e as redes de comunicación.

 

Se queres saber máis, visita o blog da biblioteca

Cinensino

 

     Os alumnos de 1º e 2º de ESO asistiron á terceira e derradeira sesión de Cinensino deste curso o xoves 7 de maio.

     Esta vez puideron ver a película The kings of summer que trata de tres mozos: Joe, Patrick e o excéntrico Biaggio, unha cabana perdida no bosque, e a liberdade. A película lévanos pola fantasiosa historia destes tres mozos infelices que fartos da sobreprotección dos seus pais deciden independizarse e empezar unha vida salvaxe sen adultos e á marxe da sociedade, segundo as súas normas, segundo os seus principios.

EMPRENDE Ferrolterra

   

     O venres 8, no salón de actos do vicerrectorado do campus universitario de Esteiro, tivo lugar a entrega de premios do III concurso Emprende Ferrolterra organizado pola AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios).

     Presentáronse varios proxectos empresariais realizados por alumnos e alumnas de 4ºESO e 1ªBAC de todos os institutos de Ferrolterra, e presidíron o acto o Alcalde de Ferrol, o presidente do IGAPE e a presidenta de AJE Galicia. O acto foi moi divertido pois contou coa participación do mago Martín Varela e un dos imitadores do programa de Radio Voz "Corre Carmela que chove"

     Un dos nosos equipos, composto por Ana Matamales e Edgar Vilaboy foi distinguido entre os tres mellores da categoría Bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut