Skip to Content

Educación Física

Esterilla para Educación Física

   

    O departamento de Educación Física estima oportuno que os alumnos veñan a educación física coa súa propia esterilla por razóns de hixiene e seguridade.
    Características da esterilla: tería que ser de máis de 7 mm de groso e que se poida enrolar.
    Existen posibilidades para mercala na comarca cun prezo aproximado de 7 euros.

O alumnado de 2º ESO nos Picos de Europa

 

 Saída fin de curso de 2º de ESO a Picos de Europa para realizar actividades no medio natural: sendeirismo polo Lagos de Covadonga, ruta a cabalo, parque multiaventura, espeleoloxía, visita a Cangas de Onis para rematatar co descenso do Sella.

    Felicitacións aos rapaces polo seu comportamento e a súa animada participación en tódas as actividades programadas.

O alumnado de 1º ESO visita Doniños

   

     O martes 11 de xuño 52 alumnos de 1º ESO fixeron unha saída organizada polos departamentos de Bioloxía e Educación Física a Doniños.

    Pola mañá recorreron o Val de Doniños e a lagoa, facendo diversas paradas para o estudo dos ecosistemas lacustres, a xeomorfoloxía e a biodiversidade das especies da zona. En Outeiro visitaron o monumento a Ros.
    Logo do almorzo no pinar, fixeron unha camiñada dende a praia de Doniños ata a de San Xurxo, na que disfrutaron das paisaxes dos cantís e illotes, do castro de Lobadiz e da botánica característica da zona.

III Edición dos Almorzos Saudables

   

   O venres 22 celebrouse a III Edición dos Almorzos Saudables do IES Sofía Casanova. Os alumnos puideron optar por:
    1. Batidos naturais -feitos no momento- de froitas e verduras diversas.
    2. Tostas de distintos tipos do pan do país, con mel, aceite, ou queixos e marmeladas naturais de pemento, tomate e arándano.
    3. Iogur con muesli e froitos secos.

    Coma nas anteriores edicións, esta actividade, que organizan os departamentos de Educación Física e Ciencias Naturais, dentro do programa "Sofía Saudable", non sería posible sen a incansable colaboración, total e absoluta da ANPA. Unha vez máis, grazas á ANPA pola súa entrega e implicación.

Iniciación á escalada no rocódromo de Ferrol

   

    A primeira semana de febreiro os alumnos de cuarto de ESO xunto cos profesores do departamento de Educación Física escalaron  o rocódromo de A Malata .

    Foi unha experiencia moi divertida na que os alumnos tiveron un primeiro contacto coa escalada deportiva, que vai ser deporte olímpico en Tokio 2020.

Iniciación á escalada no rocódromo de Ferrol

   

    A primeira semana de febreiro, os alumnos de cuartode ESO escalaron  ó rocodromo de A Malata cos profedores do departamento de Educación Física.

    Fui unha experiencia moi divertida na que os alumnos tiveron un primeiro contacto coa escalada deportiva, que vai ser deporte olímpico en Tokio 2020.

Ginkana nadal

        O pasado venres 21 de decembro celebrouse a tradicional ginkana de nadal, coa participación dos alumnos da ESO e a colaboración dos alumnos de bacharelato.

Proba de Orientación Doniños 2018

 

    O martes 23 de outubro tivo lugar a II edición da Proba de Orientación Doniños 2018.
    Participaron 180 alumnos de 3º, 4º ESO e 1º bacharelato do CPI San Sadurniño e do IES Sofía Casanova. A proba consistiu en realizar un percorrido polo medio natural para atopar puntos de control (balizas) no menor tempo posible.

    Resultaron gañadores da proba os alumnos de 4º ESO Brais Romalde, Ainhoa Becerra, Noa Seijas e Hugo Prida.
    A I edición celebrouse no 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut