Skip to Content

Adquisición de ordenadores personais

NOVA CONVOCATORIA

Xa se pode solicitar a axuda ao alumnado para a adquisición dun ordenador persoal.
A conexión ao portal da convocatoria esta aquí

Alumnado de 3º ESO limpa o Bosque dos Nenos

Un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO decidiron madrugar un sábado libre para colaborar co colectivo ambiental Lapis Verdes e axudar a mellorar o Bosque dos Nenos.
A nova na prensa

Convocados Cursos de SURF

A Federación Galega de Surf xunto coas Consellerías de Cultura e Deporte e de Educación e Ordenación Universitaria, van realizar uns cursos de iniciación ao surf en diversos puntos da nosa Comunidade. Esta iniciativa xorde para promover o surf e o deporte base dende as escolas ao mesmo tempo que promoveremos a concienciación medioambiental.
SURF e NATUREZA unidos e dirixidos a rapaces e rapazas das escolas de Galiza que estén cursando 1º ou 2º de Bacharelato. O único requisito é saber nadar.

Anunciada a licitación do novo ximnasio

O instituto Sofía Casanova contará cun novo ximnasio

A Consellería de Educación licita a obra por un importe de 821.000 euros.
21 de febreiro de 2008

O instituto Sofía Casanova contará cun novo ximnasio, que se edificará en forma de edificio exento xunto ao centro educativo. A Consellería de Educación publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación da obra, que sae a concurso por un importante de 821.797 euros, cun período de execución máximo de doce meses. O prazo de presentación de ofertas é de 20 días.

Premios Extraordinarios de Bacharelato

Nun acto realizado no Conservatorio de Música de Santiago, presidido pola Conselleira de Educación e altos cargos da Consellería, entregáronse os Premios Extraordinarios de Bacharelato 2007 aos vinteun alumnos e alumnas galardoados. Entre eles atopábase María Yáñez López, ex alumna do IES Sofía Casanova e agora alumna da Facultade de Físicas de Santiago.

Neste solemne e ledo acto subliñouse a importancia do traballo desenvolto polo alumnado distinguido e a importancia do apoio recibido polas súas familias ademáis do labor formativo dos centros de procedencia. Noraboa e azos para seguir coas súas seguintes etapas e as xeracións vindeiras!

Distribuir contido


by Dr. Radut