Skip to Content

SOCAS anuncia o comenzo do CLUB DE LECTURA

 

Xa sei que me botabades de menos. A mín e as nosas sesións do Club de Lectura. Pois estades de sorte. Xa non tedes que agardar demasiado. O vindeiro martes, día 8 de outubro, ás 15,30, daremos o pistoletazo de saída á nova tempada, a que fai o número catro. E por suposto, os que queirades quedar a xantar vémonos as 14,10 na biblio.

Así que agardovos a todos, en especial ós novos, tanto de 1º de ESO como de 1º de BAC. que teñades interese polas boas historias. Tedes unha cita mensual cos libros e con outros lectores, para poñer en común vivencias e opinións. Non vos arrepentiredes.

Estou desexando volver vervos a todos e que me contedes cal foi o voso libro de cabeceira durante as pasadas vacacións. Apertas: SOCAS

Actividades da biblioteca.  Podes seguirnos en    http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

Programa municipal conecta Ferrol

AXUDAS PARA MERCAR UN ORDENADOR.

O Concello de Ferrol presenta o plan  CONECTA FERROL.


 Obxecto
Este programa ten como obxectivo establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a compra dun ordenador (portátil ou de sobremesa) por parte dos/das xoves empadroados en Ferrol coa finalidade de facilitar, axudar e mellorar a súa formación durante a etapa educativa de ESO e Bachalerato.

Comezo de curso

Xa estamos de volta!!

Benvido todo o mundo. Coas pilas recargadas, voltamos xa ao traballo.

 

Saúdos

PROGRAMA DE DOA DE LIBROS DE TEXTO

LIBROSTEXTOEste ano é máis importante apoiar o PROGRAMA DE DOACIÓN DE LIBROS DE TEXTO posto en marcha e xestionado pola ANPA do Sofía Casanova. Grazas ao mesmo, o pasado curso moito do noso alumnado cedeu en doa os seus libros do curso finalizado e boa parte puido recibir a cambio os do curso seguinte.
Coa colaboración de todas as familias pode contribuírse a que non lle falte libros a ningún dos nosos alumnos e alumnas.
Pode participarse para doar ou soilcitar acudindo ao centro para poñerse en contacto coa ANPA.
Animádevos! 

O Sofía coa traxedia do tren en Santiago, o Sofía con Laura

lazo_negro_bandeira Dende o 24 todos tiñamos un fondo pesar polo acontecido en Santiago. Hoxe soubemos que o drama afectou a Laura, unha das nosas alumnas de E.S.O. que viaxaba no tren. Ela salvouse afortunadamente, mais perdendo a dous familiares moi directos e queridos.

Unha fonda aperta a Laura, aos seus, ás demáis víctimas e os seus familiares e amigos.
E un recoñecemento a todos os voluntarios e profesionais que fixeron todo o posible por axudarlles nesas longas e difíciles horas.

Concedida a axuda do PLAMBE á biblioteca do Sofía

plambeA Asesoría de Bibliotecas ven de comunicar a relación provisional de axudas á mellora de bibliotecas escolares para o vindeiro curso, na que está incluída a do Sofía Casanova. Era esta unha vella arela do centro, e este ano vaise facer realidade, grazas en boa medida aos esforzos do grupo de traballo de biblioteca.
Parabéns a todo o mundo e o curso que ben, máis lectura!

Programa A Ponte da USC: Entrega en Santiago da distincións aos mellores expedientes de Galicia

aponteO venres 5 a Universidade de Santiago entregou no Auditorio de Galicia nesa cidade as distincións ao alumnado con 9 ou máis entre a nota media de bacharelato e a proba xeral de acceso á universidade.
O Programa A Ponte distinguiu a máis de 340 alumnas e alumnos de todo o país con este nivel de excelencia. Dentro deles estiveron Ignacio Martín Loureiro e Sergio Villadóniga Freire, dous dos 57 que superaron as probas na convocatoria de xuño. Coma nos anteriores dez anos que leva activa esta inciativa, foi un pracer contemplar a este feixe do mellor alumnado de Galicia.
Parabéns Ignacio e Sergio por representarnos. 

Máis imaxes aponte2

A imaxe do programa A Ponte son as mazás, como representación do froito da árbore da sabiduría recollido na Biblia. Cada ano son máis as mozas (un 60% en promedio) e mozos que morden esta mazá mítica; a maioría deles estudaron en IES espallados por toda Galicia.

DATAS DE MATRÍCULA. CURSO 2013-14

PARA ALUMNOS CURSANDO ESTUDOS NO CENTRO

1 de XULLO 2º e 3º da ESO
2 de XULLO 4º ESO e 1º de Bacharelato
3 de XULLO 2º DE Bacharelato

PARA ALUMNOS DE NOVO INGRESO NO CENTRO

27 de XUÑO Colexios de Esteiro e Recimil
28 de XUÑO Colexio de Ponzos
4, 5 de XULLO ESO e Bacharelato doutros centros

- O alumnado que estean pendentes dos exames de setembro formalizarán a matrícula nese mes.

- Rógase ao alumnado que respecte o día que lle corresponda de matrícula

Distribuir contido


by Dr. Radut