Skip to Content

Concerto no Auditorio de Galicia

   

   O pasado martes 30 de Abril, alumnos de 2º ESO A e B, asistiron no Auditorio de Galicia a un concerto didáctico: "Orquestra de Malabares": CIRCO e a MÚSICA, da man de 6 malabaristas e a banda municipal de Santiago.

    Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e a banda municipal de Santiago. Unha relación entre música e circo.

    Un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo.

    A banda municipal de Santiago e os seus músicos, fora da súa zona de confort, participan, case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fora do común.

    Foi un espectáculo de instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas, uniformes e maxistráis obras clásicas pero tamén de pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.



page | by Dr. Radut