You are hereConcurso de carteis anunciadores da XXXI Festa do Pan de Neda

Concurso de carteis anunciadores da XXXI Festa do Pan de Neda


Cartel gañador en 2017

O Concello de Neda convoca o concurso de carteis anunciadores da XXXI Festa do Pan de Neda
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas interesadas no mesmo, individualmente ou en equipo. 
Os carteis deberán presentarse en soporte dixital.
O asunto das obras deberá ter en conta a festa que tratan de anunciar: XXXI  FESTA  DO PAN DE NEDA  FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA 1 de  setembro de 2019
En todos os carteis constará tamén o escudo do Concello de Neda e a imaxe corporativa de Deputación provincial da Coruña,
Xunta de Galicia,  Axencia de Turismo de Galicia (galicia), Pan de Neda e Abanca. Os carteis presentaranse en soporte dixital e en formato PDF/PDF,  JPG  ou similar. O seu formato de deseño deberá axustarse para que se poidan reproducir en vertical e cun tamaño A3. Serán de concepción e técnicas libres, sempre que sexa posible a súa reprodución.
No formato dixital presentado figurará o ficheiro co nome do lema que servirá para preservar a identidade do autor ou autora ata o fallo do xurado. Cada concursante poderá presentar como máximo dous traballos, cun lema diferente cada un deles.
Premio:  200 €.
Prazo:  17 de xuño de 2019
Máis información no BOP da Coruña do 21 de maio de 2019