You are hereANDREA MACEIRAS, O QUE SEI DO SILENCIO

ANDREA MACEIRAS, O QUE SEI DO SILENCIO


Despois de realizar unha entrevista por parte dos Correspondentes Xuvenís para a revista do centro, a autora desenvolveu unha xuntanza co alumnado de 3º de ESO que lera a súa obra, O que sei do silencio, e que trata a temática do acoso escolar.

Comezou por ler un conto, como os que ten intercalados a novela, para, posteriormente, iniciar un interesante diálogo cos alumnos.

Tamén se reflexionou sobre a temática da obra, salientando o papel dos acosadores pasivos e o ambiente nos centros de ensino que pode propiciar estes comportamentos. Valorouse o papel do profesorado e xulgáronse as actitudes covardes de moitos dos implicados que, por medo a ter problemas, acaban alentando e permitindo estas situacións.

Valorouse a orixinal estrutura narrativa da novela, como un blog, e que a autora defendeu como a mellor fórmula para poder ofrecer todas as perspectivas que a historia requería para ser mellor contada e entendida.

Acabou a sesión coa firma de exemplares do seu libro. Andrea non só asinou moi gustosa, senón que falou animadamente con todos os rapaces mentres o facía.

A autora quedou encantada co interese mostrado polo alumnado e pola súa intelixencia na reflexión sobre a novela.