You are hereHÉCTOR CAJARAVILLE: A CAIXIÑA DOS RANCORES

HÉCTOR CAJARAVILLE: A CAIXIÑA DOS RANCORES


12/03/2019

 A partir da sentenza a Estevo por parte da xuíza Fonseca, ir todos os martes á casa de Mercedes Alemparte (Chiruca) por atropelala coa moto, prodúcese unha interrelación interxeracional entre uns mozos e unha señora maior: son capaces de entenderse, dialogar e reflexionar moi atinadamente sobre os seus mundos, tan afastados no tempo e tan distintos nas vivencias. 

Os alumnos participantes consideran que sería moi positivo ter amizade cunha persoa maior para aprender da súa experiencia.

Respecto á temática dos nenos roubados, practicamente ningún a coñecía e quedaron abraiados. Reflexionouse sobre se hai casos coma estes que deberían prescribir e os alumnos consideran que non.

Tamén se deliberou sobre a temática da soidade das persoas maiores: Chiruca expresa claramente o seu desexo, depois das perdas do home e a filla, de vivir soa. É admirable como explica as vantaxes desa situación. Saliéntase o carácter retranqueiro e positivo de Chiruca.

Por último, repartiuse unha caixiña de agasallo para que apuntasen a súa lista de rancores.