XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS E NAIS
O martes 6 de febreiro ás 18:30 horas celebrarase unha xornada para dar a coñecer o funcionamento do centro a todos os pais/nais interesados en escolarizar aos seus fillos no IES A Sardiñeira. Os pais interesados serán recibidos por membros do equipo directivo e a orientadora no Salón de Usos Múltiples do centro e tras recibir unha charla farase un percorrido en grupos polas principais instalacións do centro.
Todos os pais interesados están invitados, independientemente de que o alumno/a proceda ou non dun centro adscrito.