Skip to Content

O día a día do curso

Actividades e novidades

 

Curso académico 2009-10

  • Real Decreto 2032/2009, do 30 de decembro, polo que se establecen as unidades legais de medida. BOE do 21 de Xaneiro de 2010
  • VIAXE Á FEIRA SMAGUA-ZARAGOZA (http://www.feriazaragoza.es/smagua.aspx). Dende o martes 2 de marzo ás 06:50 ata o sábado 6 de mazo ás 23:50. 
  • O día 19 de Novembro excursión a Magnesitas de Rubián e Regina Viarum para alumnado dos ciclos LACC e IPQ.  
  • Presentación das clases de diurno o Luns día 21 de setembro ás 11:30 horas. O Ciclo de adultos comezá as clase o día 22. 

Curso académico 2008-09

  • 1º Premio obtido polos alumnos de Industrias de Proceso Químico no proxecto de difusión da cultura emprendedora, enmarcado dentro do programa Inicia, organizado polo Concello de A Coruña. Os alumnos obtiveron o premio co proxecto denominado "LOMBRINUS" e os compoñentes son:

Mª José Fernández Rodríguez.

Sara García Pérez.

Fátima García Rozamontes.

Isabel Naya Suárez.

  • Visita a Cementos Oural e Bodega na Ribeira Sacra o Xoves 5 de Marzo.
  • Participación no Forum Orienta 2009 do 11 ao 14 de Febreiro. 
  • Visita a Ence e a bodega Martín Codax. 25 de Novembro 
  • Viaxe a expoquimia do 21 a 25 de Outubro. 
  • A presentación do alumnado de ciclos será no edificio no que está a Secretaria do Centro e cada grupo de alumnos irá co seu titor ao aula correspondente e daráselles as instruccións oportunas. O calendario é:
    • Xoves día 25 ás 11 horas, presentaranse os ciclos de Laboratorio e Laboratorio de Análise e de Control de Calidade.
    • Venres día 26 ás 11 horas, presentaranse os dous grupos do ciclo de Industrias de Proceso Químico. 
  • No DOG do 22 de Agosto de 2008 publicouse a resolución de 29 de xullo de 2008, na que se ditan instruccións para o desenvolvemento dos ciclos formativos no curso 2008-09.  

Curso académico 2007-08

  • No DOG de 3 de Xaneiro de 2008 (Resolución do 18 de decembro de 2007) sae publicada a convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Máis información en http://www.edu.xunta.es/fp
  • O Xoves 29 e o Venres 30 de Novembro celébrarase en Santiago de Compostela o II Congreso Internacional de Formación, Orientación e Competencia. Converxencia con Europa no 2010. Está organizado polas Consellerías de Eduacación e Traballo.
  • O xoves 29 de novembro Visita a Magnesitas en Oural-Lugo e as bodegas Regina Viarum. 
  • Os días 22, 23 e 24 de Outubro os alumnos do Ciclos participaron nas charlas sobre Seguridade e Prevención de Riscos Laborais organizadas no IES Politécnico en colaboración con Alcoa. 

Curso académico 2006-07

  • Os alumnos de IPQ realizaron o Xoves 29 de Marzo pola mañá unha visita ás instalacións de Alcoa, S.A
  • Os alumnos do segundo ano do CS de Análise e Control remataron as actividades académicas no Centro e van comenzar as prácticas da FCT. Abril-Xuño.
  • Os membros do Departamento de Ciclos e Fol constituiron un grupo de traballo para aprender o manexo da plataformas de xestión Drupal e Moodle. Os apuntes básicos (ata o momento) o respecto son: Drupal e Drupal1.
  • O Luns 4 de decembro os alumnos de IPQ, AC1 e AC2 van de visita a Cementeira Cosmos en Oural-Lugo e as bodegas Rectoral Amandi na Ribeira Sacra. O horario aproximado da mesma será de 9 a 21 horas.
  • A avaliación dos alumnos de FCT de Laboratorio correspondentes o curso 2005-06 farase o xoves 14 de decembro.
  • A 1ª avaliación terá lugar o luns 18 de decembro pola tarde. Polo tanto, a entrega de boletins por parte dos titores terá lugar entre os días 20 e 21.
  • O día 22 de decembro temos previsto un partido de futbito entre alumnos do instituto e os profesores as 11:30 horas no pabellón polideportivo.


book | by Dr. Radut