Skip to Content

Agregador de novas

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos presentados. Convocatoria 2020

Novas de FP - Mér, 04/03/2020 - 15:19

Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da Resolución do 20 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.

O prazo de presentación da documentación requirida será do 5 ao 9 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

Categorías: Novas FP

VII Campionato de Sommelier "Suso Domínguez"

Novas de FP - Mér, 04/03/2020 - 10:22

O CIFP Carlos Oroza celebrou os días 2 e 3 de marzo de 2020 unha nova edición do Campionato de Sommelier "Suso Domínguez", dedicada aos viños espumosos galegos e portugueses.

Nesta edición o CIFP Carlos Oroza seguíu apostando polo crecemento do campionato e, coa participación de centros galegos (CIFP Manuel Antonio, CIFP Compostela, CIFP Paseo das Pontes, IES de Vilamarín, IES de Foz, IES Fraga do Eume, CPR Belarmino Fernández Iglesias e o centro anfitrión), centros doutras provincias (CIFP Felipe VI, de Segovia, e IES Diego de Praves, de Valladolid), centros de Portugal (EHT Viana do Castelo, EHT Douro-Lamego, EHT Coimbra e EHT Porto) e centros doutros países europeos (Institute Of Tourism Studies - ITS, de Malta, e Vantaan ammattiopisto Varia - Vantaa Vocational College Varia, de Finlandia, este último como observador para participar en vindeiras edicións).

O cartel da competición foi elaborado por unha alumna dun ciclo formativo da familia profesional de Artes gráficas do veciño IES de Montecelo.

Premios

As persoas premiadas da sétima edición do Campionato de Sommelier "Suso Domínguez" foron:

  • Primeiro clasificado. Fátima Coello Mariña, do CIFP Paseo das Pontes, A Coruña.
  • Segundo clasificado. Rocío Jiménez Jacinto, do IES de Foz.
  • Terceiro clasificado. Rita Cardoso, da Escola de Hotelaría e Turismo Douro-Lamego.


Centro educativo:  CIFP Carlos Oroza
Categorías: Novas FP

Carmen Pomar reúnese cos directores de centros educativos da provincia de Pontevedra

Portal Educación Xunta - Mar, 03/03/2020 - 18:40
Summary:  Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do seu equipo directivo, reuniuse esta mañá coas persoas directoras dos centros educativos da provincia de Pontevedra, co obxectivo de analizar o transcurso do actual curso escolar. Así mesmo, informouse sobre próximas convocatorias e fíxose unha previsión do próximo curso 2020/2021.

A xuntanza, que se celebrou na Delegación da Xunta en Pontevedra, as directoras e directores tiveron tamén a oportunidade de resolver diversas dúbidas.

Directores/asEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar sinala o CIFP Carlos Oroza como un centro modelo e destaca a súa implicación na FP Dual

Portal Educación Xunta - Mar, 03/03/2020 - 14:47
Summary: A conselleira de Educación participou na entrega dos premios do VII Campionato de Sumillería Suso DomínguezNo certame participaron centros galegos, de Castela e León, Portugal e Finlandia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na entrega de premios do VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez, organizado polo pontevedrés CIFP Carlos Oroza. O centro dedicou esta edición, denominada Sumillería en Feminino, ás mulleres, ademais de darlle protagonismo aos viños espumosos galegos e portugueses.

Na súa intervención, a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou que o CIFP Carlos Oroza “é un centro modelo, dos primeiros en apostar pola FP dual e do que cada ano saen uns 400 alumnos das diferentes especialidades”. “Este –engadiu– é un centro comprometido coa innovación, a través da que se leva a cabo a necesaria transferencia de coñecemento entre centros e empresa, e viceversa”. Neste sentido, quixo agradecer “o labor do equipo directivo e, por suposto, a implicación e o esforzo continuo do profesorado que, con iniciativas como a que hoxe nos ocupa, configuran un centro vivo e dinámico”.

A conselleira sinalou, ademais, que certames como o que se vén de celebrar no CIFP Carlos Oroza son un exemplo de boas prácticas docentes “e do aproveitamento de sinerxías e dunha moi necesaria e frutífera colaboración, entre centros e distintas administracións, a favor do obxectivo común do que antes lles falaba, o achegamento da formación á realidade sociolaboral”.

Carmen Pomar lembrou que “nos últimos anos Galicia creou un modelo de Formación Profesional sólido, forte e cunha oferta diversificada e vinculada ao territorio”. Grazas a esta transformación, explicou, “a FP é hoxe unha vía para acadar formación de alto nivel en diversos sectores e unha ponte ao emprego. A formación que centros como o CIFP Carlos Oroza proporcionan á mocidade é garantía de futuro e desenvolvemento”.

No certame, dedicado a un profesor do CIFP xa falecido, participaron varios centros de Galicia, en concreto o CIFP Manuel Antonio (Vigo), o CIFP Compostela (Santiago de Compostela), o CIFP Paseo das Pontes (A Coruña), o propio CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), o IES Vilamarín (Vilamarín), o IES de Foz (Foz), o IES Fragas do Eume (Pontedeume), e a Fundación Belarmino Fernández (Sober). Competiron tamén no concurso alumnas e alumnos de centros de Portugal (Escola de Hotelería e Turismo de Viana do Castelo, EHT Douro-Lamego, EHT Coimbra e EHT Porto), de Castela e León (CIFP Felipe VI, de Segovia, e IES Diego de Praves, de Valladolid), unha escola de Malta e outra de Finlandia.

Rede de FP de Hostalaría

O CIFP Carlos Oroza é un referente na impartición de ciclos das familias de Hostalaría e turismo e Industrias alimentarias, dos que oferta preto dunha decena de títulos. Ademais, leva anos desenvolvendo proxectos de FP Dual, de feito este ano abriu matrícula para un no ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos.

O centro forma parte, ademais, da Rede galega de Formación Profesional de Hostalaría de Galicia, un espazo para a innovación e o intercambio de experiencias, de tal forma que favoreza o impulso dun sector que é clave para a economía de Galicia. A Rede busca, neste sentido, dotar o sector de capital humano cualificado, como estratexia para acadar o liderado nacional e internacional.

A Rede integra aos oito centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional desta especialidade formativa, en concreto os CIFPs Paseo das Pontes (A Coruña), Compostela (Santiago de Compostela), Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo); ademais dos IES Fraga do Eume (Pontedeume), de Foz (Foz), Sanxillao (Lugo), e de Vilamarín (Vilamarín)

O traballo da Rede busca un maior achegamento da formación e unha maior transferencia de coñecemento desde o centro á empresa, o que redundará nunha mellor resposta ás demandas do sector; impulsar os proxectos de innovación e o intercambios de experiencias empresariais e profesionais.

Premios autonómicosFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020

Portal Educación Xunta - Mar, 03/03/2020 - 11:10
Idioma Gallego Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020 destinadas ao funcionariado docente non universitario.   Na seguinte ligazón pode consultar as persoas destinatarias, duración, documentación, lugar de presentación de solicitudes e máis información de interese. Tema: Información xeralProgramas e plansEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentrosEmpresas
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020

Novas de FP - Mar, 03/03/2020 - 10:34

Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Na seguinte ligazón pode consultar as persoas destinatarias, duración, documentación, lugar de presentación de solicitudes e máis información de interese.

Categorías: Novas FP

O IES Val Miñor (Nigrán) recoñece a Ana Ulla Miguel co Premio Muller Científica 2020

Portal Educación Xunta - Lun, 02/03/2020 - 19:27
Summary: A conselleira de Educación participou no acto de entregaCarmen Pomar destacou a necesidade de máis referentes femininos neste eido Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no acto de entrega do III Premio Muller Científica no IES Val Miñor (Nigrán) á astrofísica Ana Ulla Miguel. A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou que as universidades e os laboratorios están cheos de mulleres, pero que aínda son precisos “moitos máis referentes femininos para demostrar que o xénero non é impedimento para que as rapazas sexan tan boas matemáticas, científicas e tecnólogas como os seus compañeiros”.

“En todos os sistemas educativos europeos a promoción das vocacións STEM é prioritaria, así como avanzar na ruptura da fenda de xénero. A Consellería de Educación comparte esa vontade de promover as vocacións científico-tecnolóxicas, que están a permitir que Galicia medre como sociedade do coñecemento”, explicou. Aínda así destacou que é imprescindible a implicación de toda a comunidade educativa neste sentido.

A galardoada é astrofísica, profesora no Departamento de Física aplicada da Universidade de Vigo e investigadora de prestixio internacional. Ao longo da súa traxectoria participou en varias iniciativas que vinculan a promoción das achegas das mulleres no ámbito da astronomía e a difusión da ciencia entre grupos de alumnado de diversos niveis. Nas dúas anteriores edicións deste galardón recoñeceuse o traballo da bióloga Iria González Vasconcellos e da científica África González.

Premios autonómicosEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

O CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas recibe o recoñecemento de UNICEF como centro referente en educación en dereitos de infancia e cidadanía global

Portal Educación Xunta - Lun, 02/03/2020 - 18:32
Summary: A conselleira de Educación asistiu a este actoTrátase do único colexio galego nesta rede de 109 centros en toda España Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no acto de recoñecemento ao CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas como Centro Referente en Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global, outorgado por UNICEF. Este é o primeiro colexio galego nesta rede, do total de 109 centros recoñecidos en toda España. No acto participaron tamén a presidenta de UNICEF Galicia, Myriam Garabito; o director do centro, Paulo Nogueira, e alumnado do CEIP.

Tal e como explicou a conselleira, é un “un orgullo que UNICEF recoñeza un colexio galego como Centro Referente na promoción de todos estes principios, dereitos e garantías. Sodes un exemplo e un espello no que mirarnos”. Neste sentido explicou que “a educación en valores que fomenten a solidariedade, a cooperación e o recoñecemento das diferenzas como unha oportunidade é unha das nosas liñas prioritarias como Consellería, dado que estes valores son indispensables para construír unha escola inclusiva”. “Inciden tamén –dixo–  na mellora da convivencia escolar, outro dos nosos eixos estratéxicos de actuación”.

Pomar sinalou que desde o ensino primario se traballan estas áreas, tanto de forma transversal a través do currículo educativo, como de iniciativas específicas como son os contratos-programa. De feito, este curso incluíronse tres liñas centradas nestes aspectos, como son IGUÁLA-T (que desenvolve accións que interveñen no fomento da coeducación e promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes), CON-VIVE (para o fomento dun bo clima de convivencia nas aulas), e INCLÚE-T (con medidas que fomentan a inclusión no centro). Estas tres liñas son traballadas polo CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas, que desenvolve todas as liñas dos contratos-programa que se corresponden co seu nivel educativo.

Neste sentido, Carmen Pomar quixo agradecer o traballo de toda a comunidade educativa deste centro, que fai del un referente. Non en balde, ademais de ser plurilingüe, o colexio meañés participa no Plan Proxecta, no proxecto E-Dixgal e no programa piloto Bibliotecas Lía.2, a través do que este espazo se converte nun laboratorio de aprendizaxes. “Parabéns e moitísimas grazas polo voso traballo, que pon de manifesto que o ensino público de calidade no rural é unha realidade en Galicia”, dixo.

Colaboración con UNICEF

A Consellería de Educación mantén un convenio de colaboración con UNICEF para o desenvolvemento de accións conxuntas no eido educativo a prol da promoción e a difusión  dos dereitos de infancia e cidadanía global. A través del facilítase o acceso dos centros de ensino aos recursos educativos e metodoloxía de autoavaliación en Educación en Dereitos de Infancia dispoñible na web de UNICEF Comité Español.

Ademais, UNICEF pon a disposición dos centros educativos os materiais de autoavaliación institucional sobre dereitos de infancia e cidadanía global e lanza cada curso unha convocatoria para recoñecer centros de ensino como referentes en Educación en Dereitos de Infancia, convocatoria dentro da que foi recoñecido o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas.

Información xeralEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

Educación recoñece o traballo de seis estudantes cos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais

Portal Educación Xunta - Lun, 02/03/2020 - 14:49
Summary: Na modalidade de Música resultaron premiados tres alumnos dos conservatorios profesionais de Música da Coruña e de Vigo, e do centro autorizado Manuel Peleteiro de SantiagoNa modalidade de Artes Plásticas e Deseño foron galardoadas dúas alumnas das escolas de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) e Mestre Mateo (Santiago)Na modalidade de Danza o premio foi para unha estudante do Conservatorio de Danza Profesional de Lugo Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución da concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes plásticas e Deseño.

Con eles recoñécense e valóranse publicamente os méritos académicos e artísticos excepcionais baseados no esforzo e no traballo de seis alumnas e alumnos que remataron os seus estudos no curso 2018/19 cun excelente resultado académico.

Na modalidade de Música, os galardoados foron Miguel Iglesias Lista, do Conservatorio de Música Profesional da Coruña; Jaime Estévez Moureira, do Conservatorio de Música Profesional de Vigo; e Pedro Budiño Pinaque, do Centro autorizado de Música Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela.

Na modalidade de Artes plásticas e Deseño outorgáronse dous premios, un a Paula Andrea Brea, que cursou os seus estudos na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña), e outro a Naiara Ayelén Carrazza Ibáñez da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (Santiago). Pola súa parte, a única premiada na modalidade de Danza é Andrea Carolina Arrechedera Colosimo, estudante do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

A maiores da dotación económica, de 850 euros por premio, os galardoados recibirán un diploma acreditativo e anotarase esta distinción tanto nos seus expedientes como nas certificacións académicas que se lles emitan.

Para optar a estes premios as persoas aspirantes debían contar cunha nota media igual  ou  superior  a  8,75  nos  dous  últimos  cursos  das  ensinanzas profesionais, nas modalidades de Música e Danza, ou no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.

Na modalidade de Música deberon, ademais, realizar unha interpretación como solista e presentar tres copias dunha gravación de vídeo na cal se interpretasen tres pezas de diferentes estilos, dunha dificultade  non inferior ao nivel de sexto curso de ensinanzas profesionais de Música. No caso dos estudantes de Danza, tiveron que presentar tres copias dunha gravación de vídeo na que interpretasen dúas obras da especialidade, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso das ensinanzas profesionais de Danza. Pola súa banda as persoas aspirantes na modalidade de Artes Plásticas e Deseño tiveron que presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior polo cal concorrían.

Premios autonómicosEnsinanzas de réxime especialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria do Proxecto "EnCANtame ler" de lectura apoiada por cans.

Portal Educación Xunta - Lun, 02/03/2020 - 13:12
Idioma Gallego

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data 2 de marzo de 2020, o Proxecto "EnCANtame ler" de lectura apoiada por cans, destinado a centros públicos de educación infantil e primaria, ou centros específicos de educación especial, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de marzo de 2020.
     
File:  ConvocatoriaTema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosColectivo: CentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Os estudantes con Bolsas de Excelencia da Mocidade Exterior participan nunha xornada formativa sobre motivación, emprego e emprendemento

Portal Educación Xunta - Lun, 02/03/2020 - 12:41
Idioma Gallego

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Secretaría Xeral de Emigración, organiza hoxe unha xornada formativa dirixida aos estudantes universitarios e de grao superior de FP beneficiados coas Bolsas de Excelencia da Mocidade Exterior (BEME).

O obxectivo desta xornada -que hoxe abriu a Conselleira da Educación, Carmen Pomar, acompañada polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o vicerreitor da USC, Víctor Arce- é que os bolseiros coñezan experiencias da man de expertos en inserción laboral e de compañeiros que xa foron bolseiros, co fin de adquirir formación e orientación cara aos seus procesos de busca activa de emprego e de autoemprego.

Así, para a xornada de hoxe deseñouse un programa completo na que se abordan temáticas relacionadas coa motivación e a posta en valor do talento de cada un; co emprego, coas claves para o desenvolvemento da marca persoal ou orientacións para afrontar unha entrevista de traballo; e co emprendemento, coas ferramentas e axudas para o desenvolvemento de proxectos ou a posta en común de casos de éxito. Estas sesións de formación que teñen lugar na Universidade de Santiago de Compostela completaranse nos vindeiros días con xornadas similares nas universidades da Coruña (UDC) e de Vigo (UVigo).

Na súa intervención a conselleira Carmen Pomar destacou a colaboración dos distintos departamentos do Goberno galego xunto coas propias universidades para fomentar o retorno dos mozos e mozas que viven no exterior, e subliñou o compromiso “coa formación e xestión do talento”. Rodríguez Miranda, pola súa banda, invitou aos bolseiros a “aproveitar a súa experiencia e os seus coñecementos nesta nova etapa que están a emprender en Galicia”.

Neste obxecto enmárcase o programa de Bolsas de Excelencia da Mocidade Exterior (BEME) a través do cal se facilita a realización de másters nas tres universidades galegas así como de ciclos superiores de Formación Profesional. Trátase dunha iniciativa que se puxo en marcha de xeito pioneiro no ano 2017 para fomentar o retorno dos mozos galegos que viven no exterior, ofrecendo nos últimos tres anos un total de 550 prazas entre as dúas modalidades.

BolsasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnado
Categorías: Novas Xunta

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2020

Novas de FP - Lun, 02/03/2020 - 09:52

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Prazo de inscrición: do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

Categorías: Novas FP

Educación convoca 1.600 prazas para estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia e no estranxeiro

Portal Educación Xunta - Dom, 01/03/2020 - 13:00
Summary: A convocatoria vai dirixida a estudantes de ESO e Bacharelato co fin de que melloren as súas competencias en linguas estranxeirasA Consellería sufragará entre o 87 e o 50% do custo destas estadíasAdemais de na Comunidade, as estadías poderán facerse en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, en réxime residencial ou familiar Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar 1.600 prazas para que o alumnado galego realice estadías lingüísticas en Galicia e no estranxeiro co fin de mellorar as súas competencias nun idioma estranxeiro.

Tal e como publicou o Diario Oficial de Galicia, o prazo para tramitar as solicitudes está aberto desde mañá ata o 26 de marzo, e poderán formalizarse a través do enderezo web http://www.edu.xunta.es/axudasle, mediante presentación telemática a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal), ou nos rexistros que establece a normativa.

Beneficiarios

No caso do alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, convócanse 1025 prazas, en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia, en estadías dende 1 semana ata 2 semanas e con profesorado nativo.

No caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, convócanse 575 prazas, en réxime de familia ou residencial, tanto na Comunidade Autónoma de Galicia como no estranxeiro (Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal), con profesorado nativo, segundo as diversas opcións en estadías dende 1 semana ata 3 semanas en verán e de 4 semanas na actividade de integración (opción de 1º Bacharelato).

En todos os casos a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sufragará entre o 87% e o 50% do custe das estancias, que serán en réxime residencial ou familiar.

Requisitos

Para obter as bolsas os candidatos e as candidatas terán que estar cursando, no réxime xeral, 1, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019-2020, na Comunidade Autónoma de Galicia; ter unha nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6 no curso 2018-2019, así como ter superadas todas as materias nese mesmo ano académico.

Para a actividade de integración (1º Bacharelato, que se desenvolverá no inicio do curso 2020-2021), ademais das condicións xa citadas, estar matriculado/a, no curso 2019-2020, nun centro da Rede de Centros Plurilingües.

 

Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a cualificación media do expediente académico no curso 2018-2019 e a renda per cápita da unidade familiar. Ademais, terase en conta o feito de pertencer a unha familia numerosa, contar cun membro cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez. Igualmente, o feito de non ter sido beneficiario dunha axuda destas características na convocatoria do ano pasado.

Contacto idiomático e cultural

O propósito desta iniciativa, enmarcada en EDUlingüe 2020, non é só conseguir que o alumnado aprenda un idioma estranxeiro, senón que o poña en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, entre as que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado, promovendo unha inclusión total na lingua estranxeira.

Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes teñan un verdadeiro contacto idiomático, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos e alumnas de diversas nacionalidades.

En concreto, a distribución de prazas é a seguinte:

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

2º BACH.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

TOTAL BACH.

 

 

 

575

4º ESO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

4º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

90

3º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

180

2º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

325

1º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

380

TOTAL ESO

 

 

 

1025

 

AxudasleEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Un cento de docentes de todas as etapas educativas participan nunha xornada de formación en igualdade

Portal Educación Xunta - Sáb, 29/02/2020 - 13:00
Summary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron na apertura dos relatorios Idioma Gallego

Arredor dun cento de docentes de todas as etapas educativas participan hoxe nunha xornada de formación baixo o lema “Igualdade e retos en educación”, con relatorios sobre o papel das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico, no cine ou na literatura, así como talleres de boas prácticas sobre  os patios educativos e as maletas de igualdade, entre outros.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participaron na inauguración da xornada, que contou coa presenza da enxeñeira informática e coordinadora dos cursos INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías y Formación de Profesorado do Ministerio de Educación), Lorena Fernández Álvarez; e da doutora e investigadora da Universidade de Valencia, Ana López Navajas; entre outras profesionais e docentes.

Na súa intervención, a conselleira Carmen Pomar subliñou que a tarefa de educar sen distinción de xéneros require dun “enfoque integral” no que debe colaborar o conxunto da sociedade. Neste senso, puxo en valor o espírito de colaboración entre os distintos departamentos da Administración autonómica, como é o caso da Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Igualdade, que deu lugar ao “I plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020” e que, segundo dixo, “permitiu o reforzo, tanto para o alumnado como para os docentes, da formación en igualdade de mulleres e homes, da non discriminación por identidade sexual, ou da necesidade de rexeitar e combater a violencia de xénero”.

Pomar reafirmou o compromiso do seu departamento coa equidade e coa educación, que se reflicte nunha firme aposta pola formación específica do profesorado -como é o caso desta xornada- e coa posta en marcha de accións concretas para o alumnado como son as materias de libre configuración autonómica Igualdade de Xénero, dirixida a estudantes de 1º e 2º de ESO, e Coeducación para o século XXI, para alumnado de 1º de Bacharelato.

A titular de Educación manifestou, así mesmo, a necesidade dunha evolución social e normativa aplicable ao sistema educativo “que demandan enfoques máis ambiciosos e integrais para situar a igualdade como un elemento consubstancial á organización educativa”, cuestións para as que a formación do profesorado resulta imprescindible.

Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade incidiu na necesidade de promover a igualdade de xénero no ámbito educativo e concienciar ao alumnado de que cada un pode ser o que queira ser sen importar ser muller ou home. López Abella resaltou que a educación en igualdade e un modelo educativo que fomente a equidade entre mulleres e homes contribúe a impulsar o cambio de valores, así como a eliminar os prexuízos e estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero. Nesta liña, reafirmou o compromiso do Goberno galego coa igualdade de oportunidades e para recoñecer o traballo das mulleres que se adiantaron ao seu tempo e inculcaron estes valores.

IgualdadeXornadasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesorado
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar destaca o papel da escola na consecución da igualdade

Portal Educación Xunta - Ven, 28/02/2020 - 19:33
Idioma GallegoSummary: A conselleira de Educación participou na presentación do proxecto Referentes GalegasA Xunta colaborou no desenvolvemento do programa ‘EduReferentes’, para levar a experiencia das mulleres líderes nos seus ámbitos profesionais aos centros educativos

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no acto de presentación de Referentes Galegas, un proxecto impulsado pola Asociación Executivas de Galicia co obxectivo de darlles visibilidade ás mulleres galegas que son líderes nos seus respectivos sectores. En colaboración coa Xunta de Galicia, esta entidade desenvolveu o pasado curso a iniciativa piloto EduReferentes, a través do que diversas profesionais visitaron 5 centros educativos para dar a coñecer a súa experiencia ao alumnado. No acto participaron tamén a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca.

Na súa intervención Carmen Pomar destacou a importancia da escola na consecución da igualdade. Neste sentido explicou que os centros galegos poden ofertar dúas materias de libre configuración autonómica – Igualdade de xénero e Coeducación para o s XXI– arredor deste asunto. Ademais, a oferta formativa de FP conta co ciclo superior Promoción de igualdade de xénero. Por outra banda, e en colaboración con outras entidades, desenvólvense “numerosos proxectos transversais que analizan os factores sociais que producen desigualdade de xénero e axudan a corrixilos”, como, por exemplo, o I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020.

A conselleira de Educación destacou a igualdade como “a única opción para lograr o avance socioeconómico e cultural de Galicia” e puxo en valor proxectos como Referentes Galegas, que axudan a “que as mulleres nos sintamos apoiadas por outras mulleres e que nos unamos nun esforzo común”.

Pola súa parte, a secretaria xeral da Igualdade sinalou a importancia de apoiar o liderado feminino e impulsar a presenza das mulleres nos espazos de decisión, incluíndo postos de responsabilidade. Deste xeito, aposta por fomentar a participación das mulleres en todas as esferas da sociedade para acadar a igualdade real entre mulleres e homes e contribuír así a que as novas xeracións tomen conciencia da importancia do talento feminino como vía para camiñar cara a unha sociedade xusta e igualitaria.

Referentes Galegas busca crear unha base de datos pública para medios de comunicación, organismos ou entidades que requiran da colaboración ou información dunha profesional. Deste xeito procúrase a paridade na presenza pública e mediática de mulleres líderes nos seus distintos ámbitos (música, medicina, universidade, empresa...).

Máis de 250 alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO de 5 centros galegos puideron coñecer o pasado curso a experiencia dalgunhas destas mulleres a través de EduReferentes, unha iniciativa que contribúe tamén ao descubrimento por parte do alumnado de novos ámbitos profesionais, á mellora das habilidades sociais e comunicativas e ao empoderamento das alumnas.

Os centros participantes na primeira edición da iniciativa foron os IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), Antonio Fraguas (Santiago de Compostela), Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis), Luis Seoane (Pontevedra) e Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña).

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

Visita as instalacións de Emalsa

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:59
Comezo: 31/03/2020 - 13:58 End: 31/03/2020 - 13:58

O alumnado de ciclos de FP visitan as instalacións de Emalsa en Cambre desde as 9:30 h ata as 14:25 h.

Categorías: Eventos

Charla sobre Manga

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:58
Comezo: 31/03/2020 - 13:56 End: 31/03/2020 - 13:56

O alumnado participante no club de lectura de Manga participarán nunha charla de dous especialistas neste tipo de cómic. Está organizada polo profesorado dinamizador da biblioteca e terá lugar as 16:30h

Categorías: Eventos

Asistencia representación teatral " A carreta pantasma" no Forum

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:56
Comezo: 31/03/2020 - 13:52 End: 31/03/2020 - 13:52

O alumnado de 1º de bacharelato asistirá a representación da obra "A Carreta Pantasma" no Forum. Esta actividades está programada polo departamento de Lingua Galega.

Categorías: Eventos

Educación recoñece a 8 centros educativos cos primeiros Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva

Portal Educación Xunta - Ven, 28/02/2020 - 14:53
Summary: O CEIP Luís Seoane de Oleiros acadou o primeiro premio na modalidade de Infantil e Primaria, mentres que na modalidade de Secundaria recaeu no IES Manuel Murguía de ArteixoNa modalidade de Infantil e Primaria tamén resultaron galardoados o CEP Pilar Maestu Sierra da Pobra do Caramiñal, o CEP de Quiroga e o CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo) Na modalidade de Secundaria o resto dos galardóns recaeron no IES Montecelo (Pontevedra), na EPAPU de Monterroso e no IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa) Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, que recoñece o traballo neste eido de oito centros educativos de toda Galicia nas dúas modalidades convocadas, a dirixida a centros de Infantil e Primaria, e a dirixida a centros de ESO, Bacharelato e FP Básica.

Tal e como está publicado no Portal Educativo, na categoría A, de centros de Infantil e Primaria, o primeiro premio foi para o CEIP Luís Seoane de Oleiros (A Coruña); mentres que na categoría B, de Secundaria, foi para  o IES Manuel Murguía de Arteixo (A Coruña).

Na modalidade de Infantil e Primaria o resto dos galardóns recaeron no CEP Pilar Maestu Sierra da Pobra do Caramiñal (A Coruña), que obtivo o 2º premio; no CEP de Quiroga (Lugo), co terceiro premio; e cun accésit para o CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo (Lugo).

Na modalidade de Secundaria o resto dos galardóns foron para o IES Montecelo (Pontevedra), co 2º premio; para a EPAPU de Monterroso (Lugo) co 3º premio; e o accésit para  o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Difundir as boas prácticas educativas

A Consellería de Educación instaurou este Premio como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes.

O Premio está dotado cunha contía total de 18.000 euros a razón de 5.000, 2.500, 1.000 e 500 euros respectivamente para o 1º, 2º e 3º premio e para o accésit en cada unha das categorías establecidas.

As iniciativas premiadas poden ser difundidas pola Consellería como boas prácticas de inclusión educativa, co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e o currículo á diversidade do alumnado e, en definitiva, unha educación que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornos e culturas inclusivas.

Descrición dos proxectos premiados

- CEIP Luís Seoane (Oleiros-A Coruña): O seu proxecto ten como obxectivo a inclusión de todo o alumnado e en especial do alumnado con necesidades educativas especiais, xa que observaron que a súa participación na vida do centro era moi limitada. O desenvolvemento deste proxecto no centro implicou a participación activa e voluntaria do alumnado de 5º e 6º de primaria.

-CEP Pilar Maestu Sierra (A Pobra do Caramiñal-A Coruña): Baixo o título “ A escola que soñamos e soñaremos” basearon o seu bo facer na participación activa das familias, querendo nenos e nenas “felices”. É dicir, unha escola que acolle á diferenza, na que todas as capacidades son benvidas, e que constrúe contornas seguras e acolledoras.

-CEIP de Quiroga (Quiroga-Lugo): O seu proxecto fai fincapé no diálogo e a axuda entre todos os membros que forman parte da súa comunidade educativa como instrumentos favorecedores da inclusión e da convivencia.

-CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo-Lugo): O proxecto desenvolve accións que fomentan que todo o alumnado xogue nos tempos de lecer, favorecendo a igualdade de oportunidades e incrementando a responsabilidade e tolerancia a través da figura dos superdinamizadores e das superdinamizadoras (que é o propio alumnado) e con outras accións que teñen por finalidade sensibilizar, visibilizar e normalizar a realidade do centro. Entre elas figura que o alumnado aprenda a lingua de signos española.

-IES Manuel Murguía (Arteixo-A Coruña): Proxecto que ten a música e o cine como fío condutor para a inclusión; desenvolven un proxecto social que fomenta a igualdade e a non discriminación e que sirve para compensar as desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais presentes na realidade do centro.

-IES Montecelo (Pontevedra): A ensinanza de formación profesional  básica é a que máis influencia ten sobre a vida do centro, polo que puxeron en práctica un modelo educativo que ten en conta as potencialidades e o benestar emocional do alumnado para favorecer o acceso a novas oportunidades de aprendizaxe que lle permita e facilite o camiño para o acceso ao mundo laboral.

-EPAPU de Monterroso (Monterroso-Lugo): Partindo da súa realidade como centro penal, o seu proxecto céntrase en crear unha contorna de aceptación na que se xeren condutas sociais responsables, solidarias e respectuosas, promovendo a tolerancia, a liberdade, a xustiza, a igualdade entre homes e mulleres e o respecto polos dereitos de todos e todas; colaborando con asociacións sen ánimo de lucro, centros de formación e outros.

-IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): “Marzo sen fronteiras” é un proxecto que se vén desenvolvendo dende o curso 2014-2015 dentro do marco curricular dalgún dos módulos do ciclo superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e en colaboración co profesorado e alumnado da ESO. Este pretende fomentar a participación na actividade física e o deporte das persoas con discapacidade, favorecendo deste xeito a inclusión social.

Atención á diversidadePremios autonómicosEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Inclusión e Orientación EducativaProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Asistencia representación teatral "Invisibles" no Ágora

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:52
Comezo: 31/03/2020 - 13:51 End: 31/03/2020 - 13:51

O alumnado de 3º e 4º de ESO aistirá no Ágora á representación teatral "Invisibles" que trata o tema da violencia machista.

Categorías: Eventos
Distribuir contido


by Dr. Radut