IES A SARDIÑEIRA
Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña;
Teléfono: 881 960 150; Fax: 881 960 161;
e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal
IES A SARDIÑEIRA
Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña;
Teléfono: 881 960 150; Fax: 881 960 161;
e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal
Xúntase a Orde do 25 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería.
Forma de participación:
Prazo de presentación de solicitudes e documentación:
File:
Orde do 25 de novembro de 2020 (DOG)Servizo relacionado:
CADPTema:
Concurso de trasladosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínAmplíase, ata o 22 de decembro de 2020, o prazo de presentación de solicitudes dos seguintes programas enmarcados no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende: Atrévete, EduTecEmprende, Grand prix financeiro, Finanzas para mortais e Preparados para o salto.
Tema:
Programas e plans Programas e plans da conselleríaEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Relación co Sistema Productivo e Acreditación de CompetenciasColectivo:
Alumnado CentrosAnuncio principal:
Convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2018/2019 nas universidades do SUGXúntase a Orde do 30 de novembro de 2020 pola que se fai pública a resolución da orde de convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2018/19 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de UniversidadesColectivo:
AlumnadoAmplíase, ata o 22 de decembro de 2020, o prazo de presentación de solicitudes dos seguintes programas enmarcados no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende: Atrévete, EduTecEmprende, Grand prix financeiro, Finanzas para mortais e Preparados para o salto.
Amplíase, ata o 22 de decembro de 2020, o prazo de presentación de solicitudes dos seguintes programas enmarcados no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende: Atrévete, EduTecEmprende, Grand prix financeiro, Finanzas para mortais e Preparados para o salto.
Summary:
O conselleiro Román Rodríguez anunciou que se abrirán 240 prazas para permitir a incorporación de profesionais especialistas a un corpo que está previsto que desapareza na LOMLOE Esta nova oferta de emprego público ten como obxectivo estabilizar o persoal interino que vén prestando servizos, ao tempo que garantir profesorado suficiente na FP galega nos próximos cursos Idioma GallegoA Xunta convocará nos primeiros días de 2021 unha nova oferta de emprego público, con 240 prazas, para contrarrestar os efectos da Lei Celaá sobre o corpo de profesores técnicos de Formación Profesional, corpo que está previsto que desapareza na nova lei. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita ao CIFP Compostela. Estas novas prazas incrementarán as 336 xa convocadas na OPE de 2020, sumando un total de 576 prazas convocadas neste corpo.
O titular do departamento educativo do Goberno galego explicou que esta nova oferta de emprego foi acordada onte coas organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO), Asociación Nacional de Profesionais do Ensino (ANPE Galicia), Unión Xeral de Traballadores (FeSP-UG) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), na reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos. A próxima semana reunirase a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria para afondar nesta proposta.
Tal e como explicou o conselleiro, o obxectivo é permitir a incorporación de profesionais especialistas a este corpo. Neste sentido, explicou que a extinción do mesmo prevista a partir da entrada en vigor da LOMLOE, “suporá un problema para as ensinanzas de FP e redundará nunha maior inestabilidade laboral para os seus docentes”. A oferta de emprego público da Xunta, pola contra, contribuirá a estabilizar o persoal interino que vén prestando servizos, ao tempo que a garantir profesorado suficiente na FP galega nos próximos cursos.
Taxa de reposición
Serán en total 240 as prazas que se convoquen, o máximo permitido ao elevar o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado de 2021 (na súa disposición adicional vixésimo terceira) a taxa de reposición das prazas que, estando dotadas orzamentariamente, estiveran ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016. Ata o momento, esta taxa de reposición estaba limitada ao 90%, motivo polo que estas prazas non se incluíron na OPE de Educación de 2020 que é, con 3.654 prazas, a máis ampla da historia.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aprobará esta oferta pública de emprego antes da entrada en vigor da LOMLOE, precisamente para evitar os efectos perversos desta lei sobre o corpo concreto de profesores técnicos de FP. Esta nova oferta afectará a todas as especialidades convocadas e implicará unha nova apertura do prazo de solicitudes para participar no procedemento selectivo, unicamente nas especialidades deste corpo de profesores técnicos de formación profesional.
A convocatoria publicarase nos primeiros días de 2021, aínda que lle será de aplicación a mesma normativa que á OPE de 2020, é dicir, a recollida na orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo) pola que se convocan procedementos selectivos de acceso e ingreso a distintos corpos docentes.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia comprometeu xa unha Oferta Pública de Emprego (OPE) no eido educativo de 1.500 prazas que, sumadas ás 3.600 xa convocadas, suman máis de 5.000 prazas xa comprometidas para os anos 2021 e 2022.
Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade ProfesoradoSummary:
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou nos actos conmemorativos do aniversario deste instituto, no que se entregaron os premios dos certames de Banda Deseñada e de Ensaio SubversivoO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, gabou hoxe a implicación e o esforzo da comunidade educativa do IES Arcebispo Xelmírez I, de Santiago de Compostela, a prol dunha educación de calidade e comprometida ao longo dos 175 anos de historia deste instituto.
Román Rodríguez participou esta tarde nos actos conmemorativos deste aniversario, que incluíron a entrega dos premios da octava edición dos certames de Banda Deseñada AX1, e de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, cos que desde hai máis dunha década colabora a Xunta a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
En nome do Goberno galego, o conselleiro transmitiulle os parabéns a todos os galardoados, aos que animou a “seguir enriquecendo o legado deste instituto que é un dos cinco de Galicia recoñecidos con rango de históricos dentro da Rede do Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA”.
Ademais, Román Rodríguez tamén agradeceu o traballo do equipo directivo e dos docentes do IES, así como da Asociación Colectivo Xelmírez (integrada por alumnado e profesorado do centro) como impulsora dos certames de Banda Deseñada e de Ensaio Subversivo, dos que destacou o seu carácter aperturista e integrador, xa que están abertos a institutos de toda Galicia. De feito, entre os premiados desta edición figuran dous institutos composteláns (IES Lamas de Abade e IES Eduardo Pondal), un de Ourense (IES Universidade Laboral), da Coruña (IES de Monelos) e de Lalín (con dous premiados do IES Ramón María Aller Ulloa).
Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e UniversidadeAnuncio principal:
Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)Resolución do 11 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico (591219).
Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoPublicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de outubro do 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2020-2021 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Tema:
Información xeral Proxectos de formación do profesorado de formación profesionalEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado CentrosPublicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de outubro do 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2020-2021 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de outubro do 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2020-2021 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Anuncio principal:
Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FPXúntase a Resolución do 10 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Lingua estranxeira francés (597033).
Contra esta resolución, que lle pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación neste portal ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoAnuncio principal:
Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de mestres/as (597)Xúntase a Resolución do 10 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037).
Contra esta resolución, que lle pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación neste portal ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación infantil Educación primariaDepartamento:
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoPublicada a listaxe provisional de cualificacións da primeira e da segunda convocatoria 2020 de carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 16 de decembro de 2020.
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
Alumnado CentrosPublicada a listaxe provisional de cualificacións da primeira e da segunda convocatoria 2020 de carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 16 de decembro de 2020.
Publicada a listaxe provisional de cualificacións da primeira e da segunda convocatoria 2020 de carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 16 de decembro de 2020.
Anuncio principal:
Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicasResolución do 9 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión (594422).
Achégase resolución, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoAnuncio principal:
Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicasResolución do 9 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de contrabaixo (594406).
Achégase resolución, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoAnuncio principal:
Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicasResolución do 9 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de clave (594405)
Achégase resolución, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSummary:
En total participarán este curso 188 centros de toda Galicia Esta iniciativa enmárcase na Estratexia galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020 Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de incorporar 19 novos centros ao programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, cuxo obxectivo é que o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. En total participarán nesta iniciativa este curso 188 centros de toda Galicia, 67 deles da provincia da Coruña, 17 da de Lugo, 19 da de Ourense e 85 da de Pontevedra.
Os centros de nova incorporación este curso son os que se relacionan na seguinte táboa:
Provincia
Concello
Nome do centro
A Coruña
Narón
CEIP Plurilingüe Ponte de Xubia
A Coruña
Negreira
CEIP O Coto
A Coruña
Pontedeume
CEIP Couceiro Freijomil
A Coruña
Rois
CPI Plurilingüe dos Dices
A Coruña
Santa Comba
CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
A Coruña
Santiso
CEIP de Arcediago
A Coruña
A Coruña
CEIP Alborada
A Coruña
A Capela
CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro
A Coruña
A Coruña
CEIP Salgado Torres
A Coruña
Ferrol
CEIP de Ponzos
Lugo
A Fonsagrada
CEIP Plurilingüe Santa María
Lugo
Palas de Rei
CEIP de Palas de Rei
Ourense
Ourense
CEIP Curros Enríquez
Pontevedra
Bueu
CEIP Plurilingüe da Torre-Cela
Pontevedra
Marín
CEIP da Laxe
Pontevedra
Ponteareas
CEIP Feliciano Barrera
Pontevedra
A Illa de Arousa
CEIP da Torre-Illa
Pontevedra
O Rosal
CPI Manuel Suárez Marquier
Pontevedra
O Porriño
CEIP Plurilingüe da Ribeira
Como novidade este ano, cada centro docente seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade nesta convocatoria (tanto de continuidade de cursos anteriores, os de ampliación e os de nova incorporación) recibirá unha achega económica, a determinar en función do número de centros que participen finalmente no programa no curso 2020/2021. O importe concedido a cada centro deberase destinar a sufragar gastos que estean debidamente xustificados e imputables á participación nesta convocatoria e en ningún caso se utilizarán para adquisición de materiais inventariables.
Ademais, como é habitual, cada centro docente de nova incorporación seleccionado para desenvolver o programa recibirá unha dotación de material relacionada coa robótica educativa para poder levar a cabo o proxecto, que estará formada por 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado, seis kits de construción que permitan a realización dun mínimo de cinco proxectos diferentes, un manual de uso e unha guía didáctica.
Os centros aos que vai destinado esta convocatoria, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa da Consellería ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.
Introdución á Robótica en Primaria é unha iniciativa enmarcada dentro da Estratexia galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020, co obxectivo de familiarizar os alumnos coas tecnoloxías, a robótica e a programación ao tempo que estimular o seu espírito científico e impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
Información xeral Educación primaria Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros![]() Feito con Drupal (ver. 6.28) | ![]() Proxecto Webs dinámicas | |
IES A SARDIÑEIRA Enderezo: Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña.;
Teléfono: 881 960 150;
Fax: 881 960 161;
e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.es
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
|