Skip to Content

Agregador de novas

Resolución do 18 de decembro de 2019 de avaliación da fase de estadía das axudas posdoutorais, modalidade A, convocatoria 2017

Portal Educación Xunta - Xov, 19/12/2019 - 10:24
Idioma Gallego

Resolución do 18 de decembro de 2019 da Secretaría Xeral de Universidades pola que se informa favorablemente a fase de estadía de Ana Isabel Gómez Varela, segundo o disposto na Orde conxunta da Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria.

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2017Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (modalidade B) nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019

Portal Educación Xunta - Xov, 19/12/2019 - 10:10
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 5 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 1 de outubro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (modalidade B) nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (convocatoria complementaria da realizada pola Orde do 28 de maio de 2019, Diario Oficial de Galicia número 111, do 13 de xuño) (código de procedemento IN606C).
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (modalidade B) nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaServizo de Planificación e Estruturación de InvestigaciónColectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Os galardoados no XIV Festival Internacional Rebulir serán agasallados con figuras elaborados por alumnado do CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)

Portal Educación Xunta - Mér, 18/12/2019 - 11:18
Summary: Foron creadas por estudantes do programa formativo básico de Cerámica deste centro Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asistiu onte á presentación das figuras elaboradas por alumnado do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón (Santiago de Compostela) que se entregarán como premio aos galardoados no XIV Festival Internacional Rebulir (FIR). Baixo o nome de Lembranzas, estas obras foron creadas polos estudantes do programa formativo básico de Cerámica deste centro compostelán.

Carmen Pomar agradeceu ao FIR “este encargo tan especial”. Así mesmo destacou o labor do CEE Manuel López Navalón, “que ten o lema A maxia da diversidade e no que se comprometen para sacar o mellor do seu alumnado, persoas extraordinarias con capacidades diferentes”.

Na presentación participaron tamén o alumnado e as súas familias, a directora do centro, Carmen Mª Otero Parga; e o director do FIR, Alexandre Sotelino. Ao remate o alumnado do programa formativo básico de Servizos de restauración do CEE Manuel López Navalón ofreceulles un petisco aos asistentes.

Os Premios Rebulir da Cultura Galega 2019 entregaranse o vindeiro sábado 21 de decembro no marco XIV Festival Internacional Rebulir 2019, na localidade ourensá de Ramirás. Os galardoados son Rosa Cedrón (na categoría de Música Galega), Antonio Durán “Morris” (Artes Escénicas) e Coral De Ruada (Homenaxe).

Os galardóns, que nacen no ano 2012 como un recoñecemento a persoas ou colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións, teñen como un dos seus principais obxectivos a proxección exterior do nome de Galicia, especialmente a través do establecemento de vínculos interculturais e de raíz.

Premios autonómicosEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

A Comisión Escolar de Alertas amplía para hoxe as zonas de suspensión das actividades no exterior nos centros educativos

Portal Educación Xunta - Mér, 18/12/2019 - 11:01
Summary: O adverso meteorolóxico afecta finalmente á totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, á Mariña de Lugo e a noroeste e montaña de OurenseEn todo caso, no resto das zonas as direccións dos centros escolares poderán adoptar as decisións que estimen segundo as circunstancias Idioma Gallego

A Comisión Escolar de Alertas acaba de ampliar para hoxe as zonas de suspensión das actividades no exterior dos centros educativos desde as 9 horas desta mañá ata as 18 horas desta tarde por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa con refachos de vento superiores a 100 quilómetros/hora que afecta ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense.

En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf ).

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas
Categorías: Novas Xunta

A Comisión Escolar de Alertas suspende mañá as actividades no exterior nos centros educativos nas zonas decretadas con alerta laranxa

Portal Educación Xunta - Mar, 17/12/2019 - 18:29
Idioma GallegoSummary: O adverso meteorolóxico afecta ao oeste da provincia da Coruña, á Mariña de Lugo e á montaña de OurenseEn todo caso, no resto das zonas as direccións dos centros escolares poderán adoptar as decisións que estimen segundo as circunstancias

A Comisión Escolar de Alertas suspenderá mañá mércores as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con Alerta Laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/hora, desde as 9,00 horas ata as 21.00 horas.

Segundo o establecido por MeteoGalicia, este adverso afectará as zonas de predición meteorolóxica do oeste da provincia da Coruña, a Mariña luguesa e montaña da provincia de Ourense.

En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h durante o día 18 de decembro na totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense

Portal Educación Xunta - Mar, 17/12/2019 - 17:42
Idioma Gallego

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará hoxe, mércores día 18.12.2019 ás 09.00 horas e prolongarase ata as 18:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIORnos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
  2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

 

File:  ActaTema: Alertas e avisosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas
Categorías: Novas Xunta

Presentación da guía de "Prácticas para a igualdade de xénero na FP"

Novas de FP - Mar, 17/12/2019 - 13:41

Foi presentada a guía de Prácticas para a igualdade de xénero na FP durante a xornada "Igualdade de xénero na Formación Profesional", que se desenvolveu no CIFP Politécnico de Santiago e estivo presidida pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

O obxectivo da guía é difundir as boas prácticas desenvolvidas polos centros integrados de formación profesional para traballar na prevención de actitudes sexistas e discriminatorias entre o alumnado, impulsando tamén o cambio de roles, de actitudes e de estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Novas FP

A Xunta difundirá as boas prácticas en materia de igualdade dos Centros Integrados de FP

Portal Educación Xunta - Mar, 17/12/2019 - 11:51
Summary: A través da guía Prácticas para a igualdade de xénero na FP, presentada hoxe nunha xornada na que participaron a futbolista Verónica Boquete e diversos representantes dos eidos empresarial e educativo Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional difundirá boas prácticas desenvolvidas polos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) en materia de igualdade. A guía Prácticas para a igualdade de xénero na FP foi presentada hoxe na xornada Igualdade de xénero na Formación Profesional, que se desenvolveu no CIFP Politécnico de Santiago e estivo presidida pola conselleira, Carmen Pomar, acompañada pola secretaria  xeral de Igualdade, Susana López Abella.

A titular do departamento educativo da Xunta destacou a importancia de erradicar a fenda de xénero “desde todos os ámbitos, empezando polo educativo”, especialmente nunha idade tan sensible como a da maior parte do alumnado de FP. Pomar explicou que a Consellería está a impulsar diversas iniciativas neste sentido como por exemplo, e en colaboración coa Secretaría xeral de Igualdade, o I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020.

“Funciona tamén desde o curso pasado –dixo– a Asesoría de Igualdade, para axudar a desenvolver as políticas de igualdade de xénero e as actuación que teñen que ver coa diversidade sexual e de xénero”. Tal e como destacou a conselleira, esta asesoría “responde á evolución social e á normativa aplicable ao sistema educativo, que sitúa a igualdade como un elemento transversal na organización e na vida nos centros”.

Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, indicou que dende hai anos o Goberno Galego traballa en levar a cabo medidas e accións concretas de igualdade e prevención da violencia de xénero no ámbito educativo, xa que segundo explicou resulta imprescindible que a mocidade comprenda e identifique a violencia de xénero e recoñeza os primeiros sinais dos malos tratos.

Por iso, dende a Xunta estase a traballar na prevención de actitudes sexistas e discriminatorias dende os máis novos, impulsando tamén o cambio de roles, das actitudes, e dos estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero. Avanzando para consolidar un sistema educativo comprometido coa igualdade de oportunidades para nenas e nenos sen estereotipos de xénero, baseado na educación en valores e no respecto.

Exemplo de igualdade

A guía Prácticas para a igualdade de xénero na FP, que xa se pode consultar no Portal de FP, recolle actividades no ámbito da igualdade de xénero propostas polos diferentes centros que integran a rede de Centros Integrados de FP de Galicia, agrupadas en 5 actuacións baixo os epígrafes Na senda da redución da fenda de xénero, Emprender non ten xénero, Ler e falar en igualdade, Sen violencias e Igualdadetec. O obxectivo da publicación é difundilas entre os centros para a súa réplica.

A segunda parte da guía recolle un exemplo dun Plan de Igualdade. Cómpre lembrar que cada un dos 20 centros que constitúen a Rede Galega de Centros Integrados de Formación Profesional conta xa, dende o primeiro trimestre do curso 2019/2020, cun Plan de Igualdade.

A iniciativa enmárcase no acordo de colaboración asinado entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o pasado febreiro, que establecía entre as súas medidas a mellora de plans de igualdade nos CIFP. 

Experiencias de mulleres

Na xornada de hoxe participa a futbolista Verónica Boquete para contar a súa experiencia persoal no mundo do fútbol, un deporte con moito peso masculino. Así mesmo desenvolverase unha mesa coloquio con representantes do sector empresarial e educativo que falarán das súas experiencias nestes ámbitos.

Nela tomarán parte mulleres que ocupan postos de responsabilidade, como Pilar Martínez, do Departamento de Recursos Humanos de Dinahosting S.L; a directora de Agua de Mayo e fundadora de Sumamos Red de Mujeres Profesionales, Maite Torres; e a directora de Formación e desenvolvemento de Domusvi, Andrea Varela. Intervirán tamén o responsable da Área legal de Talento de Aluminios Cortizo, Pablo Lorenzo; o director do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), Fernando López; e o xefe do departamento de Información e Orientación do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Alberto Rodríguez.

Ademais, no marco da xornada presentarase o Plan de Igualdade deseñado polo CIFP Compostela como modelo na elaboración dun plan de igualdade nun centro con ensinanzas de formación profesional. Os destinatarios do encontro son as persoas responsables da Dirección e das Xefaturas de Departamento de Orientación dos centros de FP de Galicia.

IgualdadeFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalEntidades autonómicasProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, especialidade de informática (590107) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas (591227)

Portal Educación Xunta - Lun, 16/12/2019 - 15:47
Idioma Gallego

Resolución do 16 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática (590107) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas (591227).

  • Prazo para formular solicitudes de cinco días hábiles
     
File:  Resolución do 16 de decembro de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación investirá máis de 550.000 euros na rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova)

Portal Educación Xunta - Lun, 16/12/2019 - 15:08
Summary: Carmen Pomar visitou hoxe o centroO departamento educativo da Xunta podería licitar as obras dentro deste mesmo ano, co fin de que se executen o vindeiro verán Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), no que o seu departamento está a piques de licitar, por importe de 555.345,71 €, unha obra de rehabilitación enerxética. Tal e como sinalou a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, o proxecto está xa entregado, polo que a obra podería licitarse dentro deste mesmo ano, co obxectivo de executar as obras no verán de 2020. A conselleira estivo acompañada pola delegada da Xunta na provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Pomar lembrou que a Consellería ten previsto executar un total de 8 obras de rehabilitación enerxética, cun orzamento global de 5,63 millóns de euros, outra delas no CEIP Padre Feijoo (Allariz). A iniciativa enmárcase na actualización do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas posto en marcha en 2016, e que conta cun orzamento global de 199,7 millóns de euros ata 2021.

Os traballos supoñen unha reforma enerxética e funcional dos  centros, que xeralmente abranguen actuacións específicas en cubertas e fachadas (illamentos), carpinterías (substitución por ventás con rotura de ponte térmica), luminarias (substitución por equipos de alta eficiencia enerxética) e outros elementos das instalacións. Estas actuacións complementaranse con outras actuacións, como o pintado de aularios ou posibles melloras funcionais segundo o establecido nos proxectos técnicos. Faranse tamén melloras estéticas e funcionais coa incorporación dunha imaxe corporativa única a través da gama de cores empregadas nas aulas, así como en todos os elementos identificativos e sinaléctica dos centros.

Desde que se puxo en marcha esta acción, en 2016, a Consellería leva investidos máis de 18 millóns de euros en obras de rehabilitación enerxética e integral de 38 centros escolares (todos eles foron construídos hai décadas) ao longo de catro anos. De feito, no presente ano 2019 acometéronse obras deste tipo en Noia, Teo, Láncara, Lugo, Maside, Ourense, Cerdedo-Cotobade e Vilagarcía de Arousa. Todas estas obras estaban rematadas ao inicio do curso escolar.

Biblioteca activa

Ademais de ser plurilingüe en Infantil e Primaria, este centro conta cunha biblioteca moi activa, que ademais de formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), participa desde o curso 2018/19 nos programas Radio na Biblio e Biblioteca Creativa. Así mesmo, tomou parte o curso pasado na iniciativa de Voluntariado de Lectura.

Por outra banda, no marco da Estratexia Galega para a educación dixital, Edudixital 2020, o centro participa desde o curso 2018/19 no proxecto de libro dixital E- Dixgal, así como no programa Introdución á robótica educativa en primaria, que ten como obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción, para o que se dota o CEIP de material relacionado coa robótica educativa.

Rodaxe

Carmen Pomar aproveitou a súa visita a Celanova para achegarse ao IES Celso Emilio Ferreiro (Celanova), onde se está a rodar a nova serie da produtora galega Vaca Films para Netflix, A desorde que deixas. Baseada na novela homónima de Carlos Montero, a serie narra a historia dunha profesora de literatura que chega á vila na que medrou o seu home para dar clase e que recibe un desagradable recibimento por parte do seu alumnado. No desenvolvemento da trama, a docente terá que ir descubrindo a verdade da vila que a rodea, un lugar no que todos parecen gardar segredos.

A serie conta entre o seu elenco co actor galego Tamar Novas, así como con outros rostros moi coñecidos do audiovisual como son Inma Cuesta, Bárbara Lennie, Arón Piper e Roberto Enríquez.

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019/2020 do corpo, de PES, PT de formación profesional, profesores de EOIs e profesores de música e artes escénicas

Portal Educación Xunta - Lun, 16/12/2019 - 14:32
Idioma Gallego

Xúntanse a Resolución definitiva do 16 de decembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listas definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 correspondentes ao corpo  de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficias de idiomas e profesores de música e artes escénicas.
 

 

Anuncio principal: Modificación do punto vixésimo primeiro, engadido un novo punto vixésimo segundo e engadido un punto 5 á disposición adicional primeira do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal interino e substitutoTema: Interinidades e substituciónsEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoFormación Profesional inicialEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2019/2020

Portal Educación Xunta - Lun, 16/12/2019 - 11:40
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación de centros que reciben asignación para o funcionamento do club de lectura, ao abeiro da convocatoria de 5 de setembro de 2019. Finalmente son 247 centros os que contan con asignación específica para os clubs de lectura neste curso 2019/2020, por un importe total de 220.000 euros.
 

Anuncio principal: Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2019/2020Tema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta
Distribuir contido


by Dr. Radut