Skip to Content

Agregador de novas

Instrucións, do 15 de marzo de 2020, dirixidas ao persoal que presta servizo nos Servizos Centrais da Consellería de Educación sobre a presenza nas oficinas en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais

Portal Educación Xunta - Lun, 16/03/2020 - 13:54
Idioma Gallego

NORMAS XERAIS

As presentes instrucións dítanse no marco do establecido no  apartado primeiro do artigo 6 de la Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, segundo o cal os órganos administrativos poderán dirixir as actividades dos seus órganos xerarquicamente dependentes mediante instrucións e ordes de servicio, así como do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo  que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada por el COVID-19, e en particular do seu artigo 6, que dispón que cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente na xestión ordinaria dos seus servicios para adoptar as medidas que estimen precisas no marco das ordes directas da autoridade competente a los efectos do estado de alarma e sen prexuízo do establecido nos artigos 4 y 5.

Así  mesmo, estas instrucións dítanse ao abeiro do disposto no punto noveno in fine do Acordo do Centro de Coordinación Operativa polo que se adoptan medidas preventivas nos lugares de traballo no sector público autonómico como consecuencia de la evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, publicado no DOG de data de 15 de marzo de 2020, no que se faculta a cada consellería ou centro directivo a ditar as instrucións oportunas en desenvolvemento do presente acordo ou para adaptalo as particularidades de los distintos colectivos afectados.

De conformidade co anterior, será de aplicación aos empregados públicos que prestan servicios na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e nas entidades do sector público autonómico que dependen da mesma

1.1 Todos os empregados públicos cuxas funcións se realicen dentro de edificios ou instalación administrativas que permitan o seu desenvolvemento a distancia, prestarán o servizo dende  o seu domicilio na modalidade de traballo non presencial. A tales efectos, a administración facilitará fórmulas de teletraballo ou de traballo a distancia.

Para estes efectos, e en función das dispoñibilidades tecnolóxicas implantadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, todo o persoal da estrutura contará coa conexión remota de oficio.

A estes efectos, comunicará a súa ausencia á persoa titular da subdirección xeral na que presta servizo (ou á persoa que a substitúa en caso de ausencia) e tramitará no Portax unha xustificación de “autorización expresa por razóns protocolarias COVID-19” e á que xuntará a declaración que se acompaña como Anexo II á Resolución do 12 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020, polo que se aproba o protocolo de actuación do persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19 (Diario Oficial de Galicia núm. 49-bis, do 12 de marzo de 2020)

Este persoal deberá acudir presencialmente aos seus lugares de traballo cando o desempeño das súas función así o esixa porque así o determinan os titulares dos seus centros directivos.

1.2 Excepciónanse do apartado anterior o seguinte persoal:

  • Os altos cargos da consellería
  • No gabinete da Conselleira; o xefe de gabinete e a xefa de prensa
  • Os subdirectores xerais
  • Unha persoa, en réxime de quendas, con coñecemento suficiente no proceso de pagamentos nas seguintes subdireccións e servizos:
    • Vicesecretaria Xeral
    • Subdirección Xeral de R.E.C.
    • Subdirección xeral de Construcións e Equipamento
    • Subdirección xeral de Universidades
    • Subdirección Xeral de Promoción Científica
    • Subdirección Xeral de Ordenación I.E. e F.P.
    • Subdirección xeral de Formación Profesional.
    • Subdirección xeral Aprendizaxe Permanente e E.R.E
    • Subdirección Xeral de Centros (2 persoas)
    • Subdirección xeral de RR.HH.
    • Unha persoa no rexistro da Consellería

1.3 No establecemento das quendas terase en conta os seguintes criterios de priorización:

  • O persoal con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas.
  • As empregadas públicas embarazadas.
  • O persoal con fillos/as menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade, e con persoas dependentes ao seu cargo.
  • Igualmente, incluiranse neste colectivo aqueles empregados/as públicos que se determine en atención ás súas circunstancias persoais.

1.4 O traballo nas subdireccións organizarase de tal xeito que permita, na medida do posible, o despacho habitual dos asuntos, ben de xeito presencial ou mediante teletraballo, comunicando á Secretaría Xeral Técnica (por medio correo electrónico) as incidencias que se poidan producir.

1.5 Nas secretarías de altos cargos o traballo realizarase en réxime de teletraballo, coa desviación dos teléfonos fixos ao móbil e con acceso remoto ao correo electrónico.

1.6 Todos os empregados permanecerán localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo de forma presencial si así se require por necesidades do servizo.

1.7 Con carácter xeral, aplicaranse en cada momento as indicacións que se determinen en materia de Función Pública, tendo as presentes instrucións un carácter e provisional e supletorio daquelas.

Tema: 

Información xeral

Departamento: 

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

Instrucións, do 15 de marzo de 2020, dirixidas ao persoal que presta servizo nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación sobre a presenza nas oficinas en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais

Portal Educación Xunta - Lun, 16/03/2020 - 13:20
Idioma Gallego

NORMAS XERAIS

As presentes instrucións dítanse no marco do establecido no  apartado primeiro do artigo 6 de la Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, segundo o cal os órganos administrativos poderán dirixir as actividades dos seus órganos xerarquicamente dependentes mediante instrucións e ordes de servicio, así como do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo  que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada por el COVID-19, e en particular do seu artigo 6, que dispón que cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente na xestión ordinaria dos seus servicios para adoptar as medidas que estimen precisas no marco das ordes directas da autoridade competente a los efectos do estado de alarma e sen prexuízo do establecido nos artigos 4 y 5.

Así  mesmo, estas instrucións dítanse ao abeiro do disposto no punto noveno in fine do Acordo do Centro de Coordinación Operativa polo que se adoptan medidas preventivas nos lugares de traballo no sector público autonómico como consecuencia de la evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, publicado no DOG de data de 15 de marzo de 2020, no que se faculta a cada consellería ou centro directivo a ditar as instrucións oportunas en desenvolvemento do presente acordo ou para adaptalo as particularidades de los distintos colectivos afectados.

De conformidade co anterior, será de aplicación aos empregados públicos que prestan servicios na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e nas entidades do sector público autonómico que dependen da mesma

1.1 Todos os empregados públicos cuxas funcións se realicen dentro de edificios ou instalación administrativas que permitan o seu desenvolvemento a distancia, prestarán o servizo dende  o seu domicilio na modalidade de traballo non presencial. A tales efectos, a administración facilitará fórmulas de teletraballo ou de traballo a distancia.

Para estes efectos, e en función das dispoñibilidades tecnolóxicas implantadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, todo o persoal da estrutura contará coa conexión remota de oficio.

A estes efectos, comunicará a súa ausencia á persoa titular da subdirección xeral na que presta servizo (ou á persoa que a substitúa en caso de ausencia) e tramitará no Portax unha xustificación de “autorización expresa por razóns protocolarias COVID-19” e á que xuntará a declaración que se acompaña como Anexo II á Resolución do 12 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020, polo que se aproba o protocolo de actuación do persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19 (Diario Oficial de Galicia núm. 49-bis, do 12 de marzo de 2020)

Este persoal deberá acudir presencialmente aos seus lugares de traballo cando o desempeño das súas función así o esixa porque así o determinan os titulares dos seus centros directivos.

1.2 Excepciónanse do apartado anterior nas xefaturas territoriais ao seguinte persoal:

  • Xefe territorial ou un xefe de servizo que o substitúa
  • Inspector Xefe ou un inspector que substitúa
  • Un funcionario encargado da xestión de nóminas e outro de concertos educativos
  • Unha persoa, en réxime de quendas, con coñecemento suficiente no proceso de pagamentos ou o habilitado

1.3 No establecemento das quendas terase en conta os seguintes criterios de priorización:

  • O persoal con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas.
  • As empregadas públicas embarazadas.
  • O persoal con fillos/as menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade, e con persoas dependentes ao seu cargo.
  • Igualmente, incluiranse neste colectivo aqueles empregados/as públicos que se determine en atención ás súas circunstancias persoais.

1.4 O traballo nas subdireccións organizarase de tal xeito que permita, na medida do posible, o despacho habitual dos asuntos, ben de xeito presencial ou mediante teletraballo, comunicando á Secretaría Xeral Técnica (por medio correo electrónico) as incidencias que se poidan producir.

1.5 Nas secretarías de altos cargos o traballo realizarase en réxime de teletraballo, coa desviación dos teléfonos fixos ao móbil e con acceso remoto ao correo electrónico.

1.6 Todos os empregados permanecerán localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo de forma presencial si así se require por necesidades do servizo.

1.7 Con carácter xeral, aplicaranse en cada momento as indicacións que se determinen en materia de Función Pública, tendo as presentes instrucións un carácter e provisional e supletorio daquelas.

Tema: 

Información xeral

Departamento: 

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Xefaturas territoriais Xefatura territorial da Coruña Xefatura territorial de Lugo Xefatura territorial de Ourense Xefatura territorial de Pontevedra
Categorías: Novas Xunta

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario

Portal Educación Xunta - Lun, 16/03/2020 - 11:40
Idioma Gallego

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

2. Nos centros de educación especial con residencia tan só se esixirá a presenza dun membro do equipo directivo, en réxime de quendas no mesmo horario, debendo os usuarios permanecer nos domicilios

Tema: 

Información xeral

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación convoca 200 prazas para alumnado de 3º e 4º de ESO na STEMweek

Portal Educación Xunta - Sáb, 14/03/2020 - 13:00

Summary: 

Trátase dunha actividade formativa que estimula, á vez, a adquisición das competencias científico-tecnolóxicas e en lingua inglesa, no marco das estratexias Edudixital e Edulingüe As estadías desenvolveranse no Centro Residencial Docente da Coruña en agosto O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 14 de marzo ao 13 de abril, ambos incluídos Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da actividade formativa STEMweek, dirixida á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM. En total ofértanse 200 prazas para alumnas e alumnos de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria, nunhas estadías que se desenvolverán no Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña.

A STEMweek modifica este ano as súas datas para adecuarse mellor ás necesidades do alumnado ao que vai destinada a actividade, e pasará a desenvolverse na súa totalidade no mes de agosto. Desenvolverase, un ano máis, en dúas quendas (a primeira, para 3º de ESO, do 16 ao 22 de agosto; e a segunda, para 4 de ESO, do 23 ao 29) e terá carácter gratuíto para as familias. As actividades terán como obxectivo desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o interese do alumnado pola ciencia e polas súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía. Ao mesmo tempo, supón unha oportunidade para a mellora da competencia comunicativa en lingua inglesa.

Esta convocatoria forma parte da Estratexia Galega de Educación Dixital (Edudixital 2020) e, en concreto, da liña destinada a fomentar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) no ensino preuniversitario, co fin de tentar de espertar o interese dos máis novos, e especialmente das rapazas, polos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico de cara á elección de estudos superiores.

Por outra banda, ao desenvolverse de forma íntegra en inglés, esta actividade é unha das accións contempladas tamén na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras (Edulingüe 2020).

Solicitudes

Poderá solicitar a participación na STEMweek o alumnado que estea  cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20 en Galicia, que teña superadas todas as materias no curso 2018/19 cunha cualificación mínima de 6 na materia de inglés. Para puntuar e baremar as solicitudes recibidas teranse en conta a nota media do expediente no curso pasado, a renda per cápita da unidade familiar, a pertenza a familia numerosa e a discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación na ligazón https://www.edu.xunta.es/axudasst/ . Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación, e poderán elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será desde o 14 de marzo ao 13 de abril, ambos incluídos.

Bolsas Inmersión lingüística Educación secundaria obrigatoria Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas Xunta

Novas instrucións en relación co COVID-19

Portal Educación Xunta - Ven, 13/03/2020 - 14:56
Idioma Gallego

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

2. PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO

2.1. Establécese as seguintes previsións en relación coa presenza do persoal que se indican a continuación:

a) Educación infantil e primaria

-Centros de menos de 6 unidades

A titorización e a atención do alumnado realizarase cos medios non presenciais, telemáticos,  telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc)

-Restantes centros

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía. Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

b) Resto de ensinanzas

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía.

Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

c) Educación especial con servizo de residencia

Deberá existir o persoal suficiente docente, coidador e de cociña para garantir os coidados básicos do alumnado asistente.

d) Agás nos centros de educación especial con residencia, para o persoal de cociña, limpeza e persoal coidador aplicaranse as previsións do convenio colectivo para os períodos de inactividade.

e) O restante persoal de apoio e reforzo educativo non asistirá ao centro educativo

2.2. Criterios para a priorización da presenza do persoal nos centros.

De conformidade coas previsións do Acordo do Consello da Xunta de Galicia teñen preferencia para a obtención de permisos de conciliación o profesorado que teña ao seu coidado menores de 18 anos, maiores discapacitados e persoas maiores dependentes.

Para os casos nos que ambos os proxenitores teñan a condición de empregados públicos, a medida aplicarase a un deles (coa excepción de que un deles teña a condición de persoal sanitario).

2.3 No relativo ás ferramentas informáticas dispoñibles, e sen menoscabo das propias, remitirase aos centros educativos unha comunicación na que se indicarán as que están a disposición e o seu procedemento de uso.

Para consultar as ferramentas informáticas prema aquí

 

3. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO

3.1 O centro disporá das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar.

3.2 Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, establecerá un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

3.3 Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.

3.4 Prestarase unha especial atención á titorización do alumnado de 2º de bacharelato.

 

4 OUTRAS MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL

4.1 Suspéndese todo tipo de actividade extraescolar

4.2 Suspéndese o servizo de cafetería nos centros de ensino secundario

4.3 Utilizarase como medio de comunicación prioritario coas direccións dos centros educativos o portal da dirección e o correo electrónico.

4.4 As direccións dos centros educativos divulgarán entre o persoal do centro as presentes instrucións e comunicaranas a todas as familias que as soliciten.

 

5. VIXENCIA DESTAS INSTRUCIÓNS

As presentes instrucións teñen carácter provisional, polo que poden ser modificadas en atención á evolución da pandemia.

A comunicación de calquera modificación das presentes instrucións realizarase coa maior inmediatez a través do portal da dirección.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros Empresas
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Lingua Extranxeira: Inglés (597032) e Lingua Extranxeira: Francés (597033)

Portal Educación Xunta - Ven, 13/03/2020 - 14:52
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Lingua Extranxeira: Inglés (597032) e Lingua Extranxeira: Francés (597033)

Resolución do 13 de marzo de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Lingua Estranxeira: Inglés (597032) e Lingua Estranxeira: Francés (597033).

  • Prazo de cinco días hábiles para formular reclamacións
     

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Programas e plans Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación primaria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación convoca as oposicións docentes de 2020

Portal Educación Xunta - Ven, 13/03/2020 - 13:35

Summary: 

O prazo de inscrición estará aberto desde o 16 de marzo ata o 6 de abril de 2020 O procedemento selectivo dará comezo o 20 de xuño A convocatoria do concurso referido ás prazas de catedráticos publicarase nas seguintes semanas Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, así como o de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Serán 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes, entre as que se inclúe a de portugués, co fin de continuar dando cumprimento á Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía (coñecida como Lei Paz Andrade). O prazo de inscrición estará aberto desde o 16 de marzo ata o 6 de abril. O procedemento selectivo dará comezo o día 20 de xuño de 2020.

O resto das prazas (1.300) ata chegar ao total de .3654 contempladas na oferta pública de emprego (OPE) de 2020, son as correspondentes ao acceso ao corpo de catedráticos, que se convocarán nas vindeiras semanas.

Por corpos e especialidades, o número de prazas convocadas hoxe distribúese do seguinte xeito:

Corpo de mestres. Total: 747 prazas, 8 especialidades

 

Corpo de mestres

 

Código/especialidade

Reserva persoa con discapacidade

Libre

Total

031

Educación Infantil

10

140

150

032

Lingua Estranxeira: Inglés

6

79

85

033

Lingua Estranxeira: Francés

5

60

65

034

Educación Física

4

56

60

035

Música

3

42

45

036

Pedagoxía Terapéutica

10

140

150

037

Audición e Linguaxe

7

87

94

038

Educación Primaria

7

91

98

Total

52

695

747

 

Corpo de profesores de ensino secundario. Total: 1.041 prazas, 35 especialidades

 

Corpo de profesores de ensino secundario

 

 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

 

Libre

 

Total

001

Filosofía

2

23

25

002

Grego

1

5

6

003

Latín

2

25

27

004

Lingua Castelá e Literatura

3

45

48

005

Xeografía e Historia

4

48

52

006

Matemáticas

5

92

97

007

Física e Química

3

42

45

008

Bioloxía e Xeoloxía

2

31

33

009

Debuxo

3

41

44

010

Francés

2

21

23

011

Inglés

1

19

20

015

Portugués

----

4

4

017

Educación Física

1

19

20

018

Orientación Educativa

3

52

55

019

Tecnoloxía

1

11

12

053

Lingua Galega e Literatura

3

48

51

061

Economía

1

19

20

101

Administración de Empresas

1

19

20

102

Análise e Química Industrial

1

4

5

103

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

1

11

12

105

Formación e Orientación Laboral

2

26

28

106

Hostalaría e Turismo

1

14

15

107

Informática

1

17

18

109

Navegación e Instalacións Mariñas

1

6

7

110

Organización e Xestión Comercial

1

10

11

111

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

1

5

6

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

1

6

7

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

1

7

8

116

Procesos na Industria Alimentaria

1

5

6

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

1

8

9

118

Procesos Sanitarios

1

15

16

119

Procesos e Medios de Comunicación

1

8

9

120

Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel

1

5

6

122

Procesos e Produtos en Artes Gráficas

----

3

3

123

Procesos e Produtos en Madeira e Moble

1

12

13

TOTAL

55

726

781

 

 

Acceso do subgrupo A2 ao Subgrupo A1

 

 

Corpo de profesores de ensino secundario

 

 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade A2-A1

 

A2-A1

 

Total

001

Filosofía

1

7

8

002

Grego

----

2

2

003

Latín

1

8

9

004

Lingua Castelá e Literatura

1

15

16

005

Xeografía e Historia

1

16

17

006

Matemáticas

2

31

33

007

Física e Química

1

14

15

008

Bioloxía e Xeoloxía

1

10

11

009

Debuxo

1

14

15

010

Francés

1

6

7

011

Inglés

1

6

7

017

Educación Física

1

6

7

018

Orientación Educativa

1

17

18

019

Tecnoloxía

----

4

4

053

Lingua Galega e Literatura

1

16

17

061

Economía

1

6

7

101

Administración de Empresas

1

6

7

102

Análise e Química Industrial

----

2

2

103

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

----

4

4

105

Formación e Orientación Laboral

1

8

9

106

Hostalaría e Turismo

----

5

5

107

Informática

1

5

6

109

Navegación e Instalacións Mariñas

----

2

2

110

Organización e Xestión Comercial

----

4

4

111

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

----

2

2

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

----

3

3

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

----

3

3

116

Procesos na Industria Alimentaria

----

2

2

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

----

3

3

118

Procesos Sanitarios

----

5

5

119

Procesos e Medios de Comunicación

----

3

3

120

Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel

----

2

2

122

Procesos e Produtos en Artes Gráficas

----

1

1

123

Procesos e Produtos en Madeira e Moble

----

4

4

TOTAL

18

242

260

 

Corpo de profesores técnicos de formación profesional. Total: 363 prazas, 24 especialidades

 

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

 

Libre

 

Total

201

Cociña e Pastelaría

1

17

18

202

Equipamentos Electrónicos

1

27

28

203

Estética

1

13

14

204

Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble

1

12

13

205

Instalación e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos

1

9

10

206

Instalacións Electrotécnicas

1

7

8

208

Laboratorio

1

7

8

209

Mantemento de Vehículos

1

19

20

210

Maquinas, Servizos e Produción

----

4

4

211

Mecanizado e Mantemento de Máquinas

1

7

8

214

Operacións e Equipamentos de Elaboracións de Produtos Alimentarios

1

11

12

216

Operacións de Produción Agraria

1

7

8

217

Patronaxe e Confección

1

12

13

218

Peiteado

1

6

7

219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

1

7

8

220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

1

19

20

221

Procesos Comerciais

1

11

12

222

Procesos de Xestión Administrativa

2

26

28

223

Produción de Artes Gráficas

1

13

14

225

Servizos á Comunidade

1

25

26

226

Servizos de Restauración

1

9

10

227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

2

36

38

228

Soldadura

1

15

16

229

Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son

1

19

20

TOTAL

25

338

363

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas. Total: 68 prazas, 4 especialidades

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

 

Código/Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

001

Alemán

----

6

6

011

Inglés

2

22

24

Total

2

28

30

 

 

Acceso do Subgrupo A1 ao A1

 

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade A1-A1

A1-A1

Total

008

Francés

1

7

8

009

Galego

----

5

5

011

Inglés

2

23

25

Total

3

35

38

 

Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas. Total: 85 prazas, 20 especialidades

 

Corpo de profesores de música e artes escénicas

 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

401

Acordeón

----

2

2

403

Canto

----

3

3

404

Clarinete

----

5

5

405

Clave

----

2

2

406

Contrabaixo

----

2

2

408

Fagot

----

4

4

412

Fundamentos de Composición

1

5

6

413

Gaita

1

4

5

414

Guitarra

----

4

4

419

Óboe

----

3

3

423

Piano

1

5

6

424

Saxofón

1

3

4

426

Trombón

----

2

2

427

Trompa

----

3

3

429

Tuba

----

4

4

431

Viola

----

4

4

434

Violonchelo

----

3

3

436

Danza Clásica

1

7

8

437

Danza Contemporánea

----

3

3

460

Linguaxe Musical

1

11

12

TOTAL

6

79

85

 

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño. Total: 40 prazas, 6 especialidades

 

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

 

Código/especialidade

Reserva para persoas con discapacidade

Libre

Total

507

Debuxo Artístico e Cor

----

3

3

509

Deseño de Interiores

1

7

8

510

Deseño de Moda

----

4

4

512

Deseño Gráfico

1

6

7

515

Fotografía

----

4

4

525

Volume

----

4

4

Total

2

28

30

 

 

Acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1

 

 

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

 

Código/Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

A2-A1

Total

507

Debuxo Artístico e de Cor

----

1

1

509

Deseño de Interiores

----

2

2

510

Deseño de Moda

----

1

1

512

Deseño Gráfico

1

2

3

515

Fotografía

---

2

2

525

Volume

----

1

1

Total

1

9

10

 

Corpo de inspectores de educación. Total: 10 prazas

 

Inspectores de educación

 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

001

Inspección Educativa

1

9

10

         

 

Oposicións Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Concurso-oposición ao corpo de inspectores de educación, PES, PTs de FP, EOIs, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2020

Portal Educación Xunta - Ven, 13/03/2020 - 09:20
Idioma Gallego

Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia (desde o 16 de marzo ata o 6 de abril de 2020, ambos incluídos)

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal será necesario posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderá empregarse calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365 onde se facilitará unha chave que permitirá realizar de forma electrónica diversos trámites naqueles procedementos que así o estableza a Xunta de Galicia.

O proceso de presentación de solicitudes é moi sinxelo: ao entrar na aplicación informáticahttps://www.edu.xunta.es/oposicions e logo de cuberta a solicitude de participación, a persoa interesada deberá premer na opción “enviar a sede electrónica” e nese momento accederá a esta plataforma na que deberá asinar a solicitude empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou a Chave 365. O pagamento dos dereitos de exame (taxa) tamén se realizará de forma electrónica, a través do enlace que se indicará na propia aplicación https://www.edu.xunta.es/oposicions. Logo de cubrir a solicitude e, unha vez efectuado o pagamento, figurará "estado: pagado" e poderá descargar o xustificante da dita operación desde a propia aplicación de oposicións.

Tamén sería conveniente que a consellería poida comprobar automaticamente todos aqueles documentos elaborados polas administracións públicas para o que será preciso que a persoa solicitante non se opoña a súa comprobación. Neste caso non terá que achegar ningún documento acreditativo destes datos. Respecto daqueles datos non comprobables automaticamente segundo a convocatoria, ou para o caso de que a persoa solicitante se opoña a súa consulta pola administración, deberá xuntar a documentación acreditativa dixitalizada do xeito que se lle indica na sede electrónica.

En todo caso, deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. Ademais do anterior, se no título non consta a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste, deberán achegar a certificación académica persoal. O motivo é que no Rexistro de Títulos do Ministerio de Educación non constan as mencións nin a as especialidades.

Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha Universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola Universidade acreditativa da obtención da mención.

Por último, e para o caso de que a persoa interesada pertenza á lista de interinidades e substitucións dunha das especialidades que se ofertan nesta convocatoria, se quere manter o seu posto na lista en aplicación do apartado 1 do punto segundo do Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias, ten a obriga de presentarse, non é obrigatorio facelo na súa especialidade nin polo mesmo corpo para manter o seu lugar na lista de interinidades e substitucións.
 

 

File: 

Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Portal Educación Xunta - Ven, 13/03/2020 - 09:15
Idioma Gallego

Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504G).

  • O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. 

File: 

Orde do 2 de marzo de 2020 (DOG) Extracto da Orde do 2 de marzo de 2020 (DOG)

Servizo relacionado: 

AxudasST

Tema: 

Programas e plans Inmersión lingüística

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras
Categorías: Novas Xunta

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Portal Educación Xunta - Xov, 12/03/2020 - 20:39
Idioma Gallego

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.
  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.
  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.

Tema: 

Información xeral Alertas e avisos
Categorías: Novas Xunta

Resolución definitiva do programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Portal Educación Xunta - Xov, 12/03/2020 - 11:09
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Xúntase a Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o curso 2019/20.

 

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Innovación
Categorías: Novas Xunta

Acto de celebración do 60 aniversario de CIFP Someso

Novas de FP - Xov, 12/03/2020 - 09:00

O CIFP Someso organizou o 11 de marzo de 2020 unha xornada de portas abertas para estudantes, empresarios, autoridades e profesores para celebrar os 60 anos do centro. O acto foi presidido pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Novas FP

Resolución definitiva do concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos

Portal Educación Xunta - Mér, 11/03/2020 - 19:53
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocado concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos

Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos, convocado pola Orde do 13 de novembro de 2019.

Contra a resolución definitiva o persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado Centros
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar reúnese cos directores de centros educativos da provincia da Coruña

Portal Educación Xunta - Mér, 11/03/2020 - 18:36

Summary: 

Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do seu equipo directivo, reuniuse esta mañá coas persoas directoras dos centros educativos da provincia da Coruña, co obxectivo de analizar o transcurso do actual curso escolar. Ademais, déuselles resposta ás dubidas arredor da xestión do coronavirus.

Neste senso, explicóuselle aos directores que desde a Consellería se están seguindo estritamente as pautas marcadas polas autoridades sanitarias; e que toda a información é pública e accesible tanto no Portal da Dirección coma no Portal das Familias do web de Educación  (http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus).

A xuntanza forma parte da ronda de reunións que se está levando a cabo nas catro provincias co fin de manter informadas ás direccións dos centros sobre o actual curso e sobre as novas convocatorias de cara ao próximo curso, así como para que teñan a oportunidade de resolver todas as dúbidas que consideren.

Directores/as Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Profesorado Centros
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional das listas de interinidades no corpo de PES especialidade de navegación e instalacións mariñas, de sistemas electrónicos, de sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de PTs, especialidade de equipos electrónicos, de ...

Portal Educación Xunta - Mér, 11/03/2020 - 15:56
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades no corpo de PES especialidade de navegación e instalacións mariñas, de sistemas electrónicos, de sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de PTs, especialidade de equipos electrónicos, de instalacións....

Resolución do 11 de marzo de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario (590), especialidade de navegación e instalacións mariñas (109), de sistemas electrónicos (124), de sistemas electrotécnicos e automáticos (125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional (591), especialidade de equipos electrónicos (202), de instalacións electrotécnicas (206), de máquinas, servizos e produción (210) e de mecanizado e mantemento de máquinas (211).

  • Prazo de reclamacións 5 días hábiles
     

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Programas e plans Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar salienta a importancia da colaboración entre empresas e sistema educativo para a calidade da FP

Portal Educación Xunta - Mér, 11/03/2020 - 14:04

Summary: 

A conselleira de Educación participou na Xornada de Portas Abertas ás Empresas organizada polo CIFP Someso co gallo do seu 60º aniversario Destacou a alta inserción laboral destas ensinanzas, froito da confianza que o tecido empresarial galego ten nelas Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Xornada de Portas Abertas ás Empresas organizada polo CIFP Someso co gallo do seu 60 aniversario, onde salientou a importancia da colaboración entre as empresas e o sistema educativo para a calidade das ensinanzas da Formación Profesional, “que sustenta o seu éxito na confianza e no compromiso do tecido empresarial galego”.

Neste sentido a conselleira explicou que a oferta de ciclos formativos en Galicia está estreitamente vinculada coas demandas dos sectores produtivos da nosa comunidade e coa propia evolución da sociedade. “Por iso pode encargarse das demandas de cualificación media e superior na empresa, o que a dota dunha versatilidade moi valorada polos empregadores”, e o que se reflicte tamén nos altos niveis de inserción laboral destas ensinanzas. “A FP caracterízase pola súa calidade, dinamismo, innovación, empregabilidade e un amplo abano de posibilidades para a recualificación profesional e a formación ao longo da vida”, dixo.

Carmen Pomar lembrou que estas ensinanzas proporcionan, ademais, “unha oportunidade única para o crecemento do noso tecido socioeconómico, con profesionais da máis alta cualificación, preparados para dar resposta ás necesidades das empresas”. Neste sentido felicitou ao CIFP Someso por organizar esta xornada, “unha ocasión única para achegar dúas realidades que queremos que estean en permanente contacto, a da formación e a laboral.

A titular do departamento educativo da Xunta quixo tamén dar os parabéns ao CIFP Someso polo seu 60º aniversario e por ser “unha boa proba da calidade e do talento presentes na formación profesional galega”. “A comunidade educativa deste centro –indicou– representa o esforzo e o compromiso precisos para facer posible unha mellora continua no proceso ensino-aprendizaxe, orientado ao desenvolvemento integral do voso alumnado,  contribuíndo a converter a formación profesional nunha porta aberta ao emprego”.

Novas posibilidades de formación

Na xornada celebrada hoxe daranse a coñecer as diferentes experiencias e posibilidades para formar os estudantes de FP de forma transversal entre a empresa e o sistema educativo. Neste aspecto teranse en conta as necesidades tecnolóxicas en constante evolución que precisan novas posibilidades de formación específica e colaboración nos procesos formativos e produtivos das empresas.

Tras os relatorios, que serán impartidos principalmente por docentes do CIFP Someso, os asistentes poderán intercambiar información e realizarán unha visita ao centro para coñecer as súas instalacións e recursos, conducidos polo director, Juan Carlos González Purriños.

Na Xornada participan docentes, alumnado, empresariado, asociacións empresariais, e persoas directoras e orientadoras de IES.

Ampla oferta

O CIFP Someso ofertou este curso máis dunha trintena de ciclos formativos, tanto no réxime ordinario como no modular para adultos –presencial e a distancia– en todos os niveis (FP básica, grao medio e grao superior). O centro está especializado nas familias profesionais de Edificación e obra civil, Fabricación mecánica, Transporte e mantemento de vehículos, Imaxe persoal e de Madeira, moble e cortiza.

Ademais o CIFP sumou este curso á súa oferta catro proxectos de FP Dual, en concreto nos ciclos de grao medio de Soldadura e caldeiraría e de Electromecánica de vehículos automóbiles, e nos de grao superior de Proxectos de edificación e de Estética integral e benestar.

 

Xornadas Formación Profesional inicial Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Subdirección Xeral de Formación Profesional Profesorado Alumnado Centros Empresas
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar celebra coa comunidade educativa o 20 aniversario do Colexio Rural Agrupado de Valga

Portal Educación Xunta - Mar, 10/03/2020 - 14:11

Summary: 

A conselleira de Educación visitou tamén o CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza Sinalou o centro como un exemplo de que a educación de calidade no rural é unha realidade en Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, celebrou hoxe coa comunidade do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Valga o 20 aniversario deste centro, que sinalou como un claro exemplo de que a educación de calidade no rural é unha realidade en Galicia. Neste sentido a titular do departamento educativo felicitou o equipo directivo e docente do CRA polo seu traballo e implicación para facer deste un centro de excelencia.

Entre outras accións que desenvolve este centro, Carmen Pomar destacou que este mesmo curso se incorporou a PlurInfantil, polo que conta cunha auxiliar de conversa, e participa en dúas iniciativas do Plan Proxecta: Centros Activos e Saudables, de promoción destes hábitos; e Proxecto Ríos, para o fomento da conservación dos ecosistemas fluviais.

Así mesmo, o CRA de Valga desenvolve este curso dúas liñas dos contratos-programa. CON-VIVE, liña 4, ten como obxectivo identificar as incidencias relacionadas coa convivencia no seo da comunidade educativa e promover a súa solución e a creación dun bo clima nas aulas. Pola súa banda a liña 7, Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, trata de dar resposta ao alumnado con maior motivación para aprender, á vez que supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolven iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado.

CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza

A conselleira de Educación aproveitou a súa visita a Valga para achegarse ao CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza, do que destacou a súa implicación en programas educativos novidosos. Non en balde, este centro participa no proxecto de libro dixital E-Dixgal desde o curso 2014/15 (primeiro ano de funcionamento desta iniciativa), a través do que o alumnado de 5º e 6º de Primaria dispón de manuais electrónicos de balde.

Ademais o centro introduciu o plurilingüismo en Primaria no ano 2014 e está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Información xeral Educación infantil Educación primaria Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Profesorado Alumnado Centros
Categorías: Novas Xunta

Educación presenta aos sindicatos a proposta de prazas para catedráticos da oferta pública de emprego docente de 2020

Portal Educación Xunta - Mar, 10/03/2020 - 13:49

Summary: 

O resto das prazas, ata o total de 3.654, presentáronse nunha mesa sectorial en febreiro Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentoulles hoxe na mesa sectorial do ensino non universitario ás organizacións sindicais a proposta de prazas de catedráticos da oferta pública de emprego (OPE) de 2020, un total de 1.300. Cómpre lembrar que as especialidades do resto das prazas, ata as 3.654 prazas que se convocarán en total, abordáronse na mesa sectorial desenvolvida o pasado mes de febreiro.

En total presentouse unha oferta de 40 especialidades para o acceso ao corpo de catedráticos de Ensino Secundario, de 7 especialidades no corpo de catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas e de 13 do de Artes Plásticas e Deseño. A convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia nas vindeiras semanas.

Por corpos e especialidades, o número de prazas propostas hoxe aos sindicatos na mesa sectorial distribúese do seguinte xeito:

Catedráticos de Ensino Secundario: 1.232 prazas

 

Corpo de catedráticos de Ensino Secundario

 

Código/especialidade

Acceso reserva persoas con discapacidade

Acceso

xeral

Total

001

Filosofía

3

36

39

002

Grego

---

5

5

003

Latín

1

9

10

004

Lingua Castelá e Literatura

8

103

111

005

Xeografía e Historia

7

90

97

006

Matemáticas

9

123

132

007

Física e Química

4

60

64

008

Bioloxía e Xeoloxía

4

53

57

009

Debuxo

3

38

41

010

Francés

4

48

52

011

Inglés

6

87

93

012

Alemán

---

2

2

016

Música

3

42

45

017

Educación Física

4

61

65

018

Orientación Educativa

3

36

39

019

Tecnoloxía

5

67

72

053

Lingua Galega e Literatura

6

85

91

061

Economía

2

21

23

101

Administración de Empresas

2

22

24

102

Análise e Química Industrial

---

4

4

103

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

---

4

4

104

Construcións Civís e Edificación

---

3

3

105

Formación e Orientación Laboral

3

33

36

106

Hostalaría e Turismo

1

7

8

107

Informática

2

20

22

108

Intervención Sociocomunitaria

1

9

10

109

Navegacións e Instalacións Mariñas

---

1

1

110

Organización e Xestión Comercial

1

9

10

111

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

1

9

10

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

1

10

11

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

---

5

5

115

Procesos de Produción Agraria

---

4

4

116

Procesos na Industria Alimentaria

---

3

3

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

---

6

6

118

Procesos Sanitarios

---

6

6

119

Procesos e Medios de Comunicación

---

3

3

122

Procesos e Produtos en Artes Gráficas

---

1

1

123

Procesos e Produtos en Madeira e Moble

---

3

3

124

Sistemas Electrónicos

1

9

10

125

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

1

9

10

TOTAL

86

1.146

1.232

 

Catedráticos de Escolas Oficias de Idiomas: 50 prazas

 

Corpo de catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas

 

Código/especialidade

Acceso reserva persoas con discapacidade

Acceso xeral

Total

001

Alemán

1

6

7

006

Español

---

1

1

008

Francés

1

6

7

009

Galego

---

2

2

011

Inglés

2

24

26

012

Italiano

---

4

4

015

Portugués

---

3

3

TOTAL

4

46

50

 

Catedráticos de Artes Plásticas e Deseño: 18 prazas

 

Corpo de catedráticos de Artes Plásticas e Deseño

Código/especialidade

Acceso reserva persoas con discapacidade

Acceso xeral

Total

502

Conservación e Restauración de Materiais Arqueolóxicos

---

1

1

503

Conservación e Restauración de Obras Escultóricas

---

1

1

504

Conservación e Restauración de Obras Pictóricas

---

 

1

1

507

Debuxo Artístico e Cor

1

1

2

508

Debuxo Técnico

---

1

1

509

Deseño de Interiores

---

2

2

511

Deseño de Produto

---

1

1

512

Deseño Gráfico

---

2

2

515

Fotografía

---

2

2

516

Historia da Arte

---

1

1

521

Medios Audiovisuais

---

1

1

522

Medios Informáticos

---

1

1

525

Volume

---

2

2

TOTAL

1

17

18

 

Oposicións Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Subdirección Xeral de Recursos Humanos Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial

Portal Educación Xunta - Mar, 10/03/2020 - 12:45
Idioma Gallego

Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial.

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que acade destino definitivo neste concurso e que estea participando simultaneamente no concurso xeral de traslados publicado pola Orde do 8 de outubro de 2019 ou no concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos convocado pola Orde do 13 de novembro de 2019, enténdese que renuncia á participación nos ditos concursos.

Contra a resolución definitiva o persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
 

Anuncio principal: 

Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación especial para o ano 2020

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta
Distribuir contido


by Dr. Radut