Breve descrición

Breve descrición do IES SANXENXO

O noso centro está distribuído en tres plantas, un patio con dúas pistas de xogo e un ximnasio ao que se accede a través do patio. Na planta baixa atópanse as aulas específicas das materias, a biblioteca, os despachos do equipo directivo e do departamento de orientación e os baños. Na planta intermedia sitúanse as aulas de tecnoloxía, o laboratorio, a aula de informática, música e plástica. E, por último, no primeiro andar hai máis aulas, baños, e tamén está a zona restrinxida ao profesorado: a sala de traballo dos profesores e profesoras e os despachos dos distintos departamentos.

Como o noso centro está organizado en aulas específicas o alumnado entre as sesións de estudo debe desprazarse da aula dunha materia a outra. Para evitar a carga excesiva de material os rapaces e rapazas que o soliciten poden beneficiarse do uso dunha taquilla en préstamo ao longo do curso e, deste xeito, á entrada ao centro, á saída e no recreo poden deixar e coller o material que precisen.

Así mesmo, o alumnado pode consultar e levar prestados por un tempo os fondos da nosa biblioteca: libros, películas, música…Para isto só ten que presentar o carné do centro na biblioteca no horario de préstamo.

Powered by Drupal - Design by artinet