Proxecto: Educación para a sostenibilidade

Educación para a sostenibilidade

 

      Este é un proxecto no que traballan catro centros de distintas Comunidades Autónomas cun tema central: Preocupación pola sostenibilidade nos ámbitos social, cultural, lingüístico e do contorno natural. Os centros que participan no proxecto son, xunto co San Tomé de Freixeiro:

                           

IES Profesor Domínguez Ortiz

IES Profesor Domínguez Ortiz . Azuqueca de Henares. Guadalajara

                                      

IES Ses Estacions 
IES Ses Estacions. Palma de Mallorca         
                      
IES Francisco Figueras Pacheco

        IES Francisco Figueras Pacheco. Alicante

Cartelería do proxecto ARCE

Co obxecto de dar a coñecer e difundir as actividades que se foron desenvolvendo ao longo dos anos ao redor do programa ARCE, imprimimos varios carteis das distintas reunións que se mantiveron nas localidades dos centros participantes.

A cartelería estivo exposta varias semanas no vestíbulo do Instituto, e agora foi trasladada ao Centro de Formación e Recursos de Vigo, onde estará exposta ata ao final do presente curso.

Adxuntamos algún dos carteis que podedes atopar nesa exposición.


 

 

 

 

 

 

 

 


Entrevista de alumn@s do noso centro á Concelleira de Medio Ambiente

 

O pasado curso tres alumn@s do noso instituto fixeron unha entrevista á Concelleira de Medio Ambiente e coñecida alpinista, Chus Lago. No adxunto que se mostra a continuación pódese ler o contido da entrevista

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 5.7)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2011