Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Lenguados laureados

  •  TALLER DE VOLUNTARIADO: EN MARZO FIXEMOS UN TALLER COA ASOCIACIÓN DOWN VIGO PARA CREAR UN CARTEL ONDE INTENTAMOS REFLEXAR O MELLOR DE CADA UN DOS PARTICIPANTES. O CARTEL PEGOUSE NO CORREDOR DA PRIMEIRA PLANTA DO CENTRO.

Calendario

Google Calendar Logo
23-24 IES San Tomé de Freixeiro

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Curta historia do instituto e a súa contorna

 

Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.

O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.

Situado na Gran Vía, dende 1962  o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.

No año 1981  convirtiuse  en  instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.

O instituto tal como o coñecemos hoxe en día  edificouse  en duas etapas  nun primer momento  construiuse  a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos  1971-72, e para incrementar o número de aulas,  construíuse  a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”

 


 

As nosas árbores