Inglés, Our Blogs, ESO, BAC

Participación na Spring Week

25 alumnos de 3º ESO van participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa. O obxectivo deste programa é a estimulación da práctica oral inglesa e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos. O programa inclúe actividades académicas, de tempo libre e obradoiros e a metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa, promovendo aprendizaxes significativas e incidindo en aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna. 

Ao alumnado e as familias iráselles proporcionando máis información en canto o noso centro dispoña desta.

Acreditación de competencia en lingua estranxeira do alumnado

Como xa se ven facendo dende hai varios cursos, este ano tamén resultamos centro beneficiario das axudas para a acreditación da competencia en lingua estranxeira do alumnado.

46 alumnos de 4º ESO, 1º Pluribach, 2º Pluribach e 2º BAC acreditaranse nos niveis B1, B2 e C1. As probas terán lugar no centro no mes de febreiro. 

Moito ánimo a todo o alumnado! Esperamos que os resultados sexan tan bos como en cursos pasados.

Big Children Book Club - Club de lectura de inglés para adultos!

That's English 2022-2023

Viaxe a Asturias dos Alumnos de Bacharelato

O martes 19 de novembro os alumnos de 1º e 2º de BAC achegáronse ao festival de cine de Xixón para ver a película Port Authority. Despois desprazáronse a Oviedo para visitar as igrexas máis representativas da arte do prerrománico asturiano.

A profesora Ana Belén López Pérez estuda a organización do sistema educativo británico

A profesora de inglés do IES San Rosendo, Ana Belén López Pérez, está a realizar unha estancia profesional de dúas semanas no Christopher Whitehead Language College en Worcester (Inglaterra) coa finalidade de estudar a organización e o sistema educativo inglés. Esta estancia atópase enmarcada no programa de formación permanente do profesorado diseñado polo Ministerio de Educación, en colaboración coas Comunidades Autónomas, que ten entre os seus obxectivos favorecer a movilidade internacional dos docentes.

Axudas para a realización de actividades formación en linguas estranxeiras para ESO e Bacharelato

 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2019

Información: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.
Prazo aberto dende o 21 de febreiro ata o 20 de marzo (incluído)

O mércores 15 de Xaneiro os alumnos de 1º da ESO visitaron Santiago de Compostela

O mércores 16 de Xaneiro o alumnado de 1º da ESO visitou Santiago de Compostela. Alí acudiron a ver unha obra de teatro en Inglés, visitaron o MUPEGA e o Museo da Ciencia da Universidade.

Distribuir contido