Novas

ALUMNAS DO IES SAN ROSENDO GAÑAN O PRIMEIRO E O SEGUNDO PREMIO NO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA DO IES PERDOURO DE BURELA

   No concurso de creación de BD convocado polo IES Perdouro de Burela, no marco dos V Encontros de Banda Deseñada da Mariña, as alumnas de 4º da ESO Sara Palomino Arnánz e Myriam López Otero coa obra "O segredo da pintura" foron as gañadoras do 1º premio e as alumnas Aurora Rodríguez García e Antía Fernández Fernández gañaron o 2º premio coa obra "Unha viaxe redonda". 

Axudas para a adquisición de libros de texto (2012/13)

    Axudas para a adquisición de libros de texto no curso escolar 2012/13: Orde do 30 de maio de 2012 (DOG do 1 de xuño):

Picar na imaxe para acceder ao texto

PICAR NA IMAXE PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN

Visita á Fundación TIC

Os rapaces do IES San Rosendo de Mondoñedo visitaron a Fundación TIC e descubriron como se traballa nunha productora de televisión e o labor da Fundación na Escola de Imaxe e Son de Lugo. Despois desprazáronse a Ribadeo para compretar a visita do km0 coa ruta Ría de Ribadeo


imaxe da visita

Arabia Díaz, alumna del IES San Rosendo, recibe o premio extraordinario de Bacharelato

Arabia Díaz, alumna do IES San Rosendo, recibe o premio extraordinario de Bacharelato

La Voz  27/10/2009

Vinte estudantes galegos recibiron os premios extraordinarios de bacharelato 2008-2009, que concede a Consellería de Educación, consistentes en 732 euros por alumno.Os premios extraordinarios foron publicados onte no DOG.

Entre os premiados pola provincia de Lugo figura unha alumna do instituto San Rosendo de Mondoñedo, Arabia Díaz Carreiras.

Distribuir contido