O Son da Paula 2015-16

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

A Orde do 27 de abril de 2016  regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Orde do 27 de abril de 2016 (DOG)

Prazo para presentar solicitudes
 
  • 1. O prazo para presentar solicitudes iniciase o día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
  • 2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.
  • 3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/axudasle_portada.gif

 

 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016

 

O IES San Rosendo foi galardonado nos Premios Camiño de Santiago 2015

Os galardóns da I Edición dos Premios Camiño de Santiago, promovidos por Turismo de Galicia, foron entregados na mañá do 16  de decembro nun acto celebrado na Cidade da Cultura que contou coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o xerente de Xacobeo, Rafael Sánchez, entre outras autoridades.


Estes premios constitúen un recoñecemento institucional e social ás iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, aquelas que impulsan novos servizos ou a innovación e mellora daqueles que se prestan aos peregrinos así como as accións específicas de divulgación e promoción do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, tamén subliñou a relevancia universal do fenómeno xacobeo e a importancia que os Camiños teñen para o desenvolvemento de Galicia. Segundo dixo, con estes galardóns estase recoñecendo o talento e a excelencia en prol da conservación, a difusión e a posta en valor do Camiño de Santiago.

O conselleiro tamén asegurou que con estes galardóns se recoñece a investigación patrimonial e a aposta pola educación dos máis cativos, xa que con formación, sensibilización e investigación contribuímos a que “o noso patrimonio teña, ademais de presente, futuro”.

Premiados

O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo foi galardonado na categoría destinada a premiar a labor académica, educativa e de investigación pola actividade realizada en torno ao camiño na materia de inglés polos alumnos de primeiro de bacharelato, coordinada pola profesora Elisa López Sánchez e a auxiliar lingüística Annie Ornelles, durante o pasado curso 2014-15. Nesta categoría tamén foron premiados o Grupo de Investigación Cultural e Sociedades no Mundo Ibérico desde a Idade Media, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, e o Colexio de Educación Infantil e Primaria Belesar, de Baiona.

 

 

Reunión no IES San Rosendo dos departamentos das Universidades de Santiago e Oviedo que traballan na física de partículas.

O pasado 22 de novembro o IES San Rosendo foi o anfitrión dunha reunión dos departamentos das universidades de Santiago e Oviedo que traballan na física de partículas. Os alumnos de segundo de Bacharelato aproveitaron esta reunión para ampliar os seus coñecementos, facerlles unha entrevista e fotografiarse con eles.

 

 

 

 

 

!O proxecto do IES San Rosendo "A paisaxe como alma do territorio" recibiu o primeiro premio Paisaxe e Sustentabilidade na convocatoria 2014-2015!

O pasado día 7 de outubro reuniuse o xurado encargado de resolver a convocatoria dos premios Paisaxe e Sustentabilidade. Participaron na convocatoria 2014-2015, de oficio, os 28 centros de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP seleccionados para participar no programa “Paisaxe e Sustentabilidade” a través do plan Proxecta.

Esta iniciativa educativa pretende fomentar a cultura da sustentabilidade e a valoración da paisaxe propia por parte do alumnado de Galicia.

 Así pois o xurado acordou conceder, por unanimidade, tendo en conta os criterios establecidos na convocatoria o  seguinte PREMIO ao centro:

 

PREMIO

CENTRO DOCENTE

PROXECTO 2014-15

1º premio

IES Plurilingüe San Rosendo

A paisaxe como alma do territorio

 

Os nosos parabéns á profesora coordinadora, Macamen Cerviño Gómez, e ao resto do profesorado e alumnado participante.

http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/promocion-sostibilidade/seccion.html&std=curso_2014_2015.html&sub=paisaxe_e_sustentabilidade/

Distribuir contido