Comedor escolar

 

 

DECRETO 132/2013 DE REGULACIÓN DOS COMEDORES ESCOLARES

(DOG Nº 154  martes, 13 de agosto de 2013)

Aos efectos de facilitar o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incopórase unha calculadora a través da páxina web da consellería no enderezo web:

 www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 1.      USUARIOS GRATUITOS:

1.1.    Alumnos pertencentes a familias que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais

1.2.    Alumnos/as que se atopen en situación de acollemento residencial ou familiar.

1.3.    Alumnos/as cun grao de minusvalidez declarado igual ou superior ao 33%.

1.4.    Alumnos/as pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

Os alumnos que se atopen nalgunha das situacións indicadas nos apartados anteriores non terán que cubrir e presentar no centro o modelo de autodeclaración.

1.5.    Alumnos/as pertencentes a unidades familiares cunha renda anual neta per cápita inferior a 7000 €.

2.      USUARIOS BENEFICIARIOS DE BONIFICACIÓNS: o uso do comedor dará lugar ao aboamento dos seguintes prezos públicos:

2.1.      1 EURO POR DÍA DE USO DO SERVIZO para os alumnos/as cuxa renda familiar anual neta per cápita se atope nas seguintes condicións:

Unidades familiares con 1 ou 2 menores que cursen ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil

Renda anual neta per cápita de 7.000,1 a 8.000 €.

Unidades familiares con 3 ou máis menores que cursen ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil

Renda anual neta per cápita igual ou superior a 7.000,01 €.

 

2.2.      2,50 EUROS POR DÍA DE USO DO SERVIZO para os alumnos/as cuxa renda familiar anual neta per cápita se atope nas seguintes condicións:

Unidades familiares con 1 ou 2 menores que cursen ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil

Renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

 

2.3.      4,50 EUROS POR DÍA DE USO DO SERVIZO para os alumnos/as cuxa renda familar anual neta per cápita se atope nas seguintes condicións:

Unidades familiares con 1 ou 2 menores que cursen ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil

Renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000,01 €.

 

CONCEPTO DE UNIDADE FAMILIAR ( a 31 de decembro de 2016):

 En caso de matrimonio non separado legalmente, a integrada por:

Os cónxuxes non separados legalmente e, se os houbera:

- Os fillos menores de idade, con excepción dos que, co consentimiento dos pais, vivan independentes destes.

- Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

En ausencia de matrimonio ou separados legalmente, a integrada por:

Pai ou nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos mencionados no apartado anterior.

Nas parellas de feito só un dos membros (pai ou nai) pode formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos mencionados no apartado anterior.

 

 ***Os fillos maiores de idade NON forman parte da unidade familiar a efectos do cálculo da renda neta anual; é dicir, que se un fillo cumpliu 18 anos durante o exercicio 2016 xa non conta como membro da unidade familiar. Tampouco formará parte da unidade familiar o membro que falecera durante o exercicio 2016.

 

OBTENCIÓN DA RENDA ANUAL NETA FAMILIAR:

A renda anual neta familiar será a SUMA DAS RENDAS DO EXERCICIO 2016 de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza.

 

ACLARACIÓNS PARA DETERMINAR CORRECTAMENTE A RENDA ANUAL FAMILIAR:

Pódense presentar varias situacións:

1.  ÁMBOS CÓNXUXES OU CALQUERA OUTRO INTEGRANTE DA UNIDADE FAMILIAR PERCIBEN RENDAS E PRESENTAN DECLARACIÓN ANUAL DO IRPF. O importe da renda anual será o resultado de facer as seguintes operacións coas declaracións do IRPF de cada membro da unidade familiar:
 
Casiña 392 + casiña 405 – Casiña 537 (IRPF 2016) / nº membros unidade familiar

2. ÁMBOS CÓNXUXES PERCIBEN RENDAS PERO SÓ UN DELES ESTÁ OBRIGADO A PRESENTAR DECLARACIÓN DO IRPF. Neste caso solicitarase á Axencia Tributaria o BORRADOR DO IRPF e o importe da renda anual será o resultado de facer as seguintes operacións co borrador do IRPF:

 

Casiña 380 + casiña 532 (IRPF 2016) / nº membros unidade familiar

 

3. Se se dispón dun CERTIFICADO DE IMPUTACIÓN DE RENDAS (EXERCICIO 2016) o importe da renda anual será o resultado de facer as seguintes operacións co susodito certificado:

Suma dos rendementos íntegros – gastos deducibles e rentencións ou pagamentos a conta efectuados

 

 

AdxuntoTamaño
Autodeclaración comedor.pdf797.93 KB