NOVAS DATAS DE CONVOCATORIA ABAU 7,8,9 XULLO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo.

No caso da proba extraordinaria, as partes acordaron agardar para a súa fixación, tendo en conta que –segundo o proposto polo Ministerio na conferencia sectorial – debería celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade contanto cun modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Estaremos pendentes da publicación do calendario oficial de exames na páxina da CIUG https://ciug.gal/gal