Axudas de comedor escolar mentres estén suspendidas as clases presenciais

O día 31 de marzo abre o prazo para que as familias soliciten as axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

  • Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso teñen o comedor de balde ou pagan 1 €/día por menú nos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
  • Tal e como se publica no Diario Oficial de Galicia, o prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o día 6 de abril: Instrución comedores.
  • As solicitudes deberán tramitarse de xeito telemático na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), e no caso de que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración do seu centro educativo.
  • Co fin de garantir que todas as familias poidan tramitar as solicitudes, aquelas familias que non dispoñan de medios técnicos para poder tramitar as peticións, poden enviar ao correo electrónico do centro, ies.san.rosendo@edu.xunta.es, os seguintes datos:
  • DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a).
  • Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería: gratuíto ou 1€.
  • Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas.
  • Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.


A partir do día 31 de marzo e ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais.

Deste xeito, a Consellería de Educación aboará os menús escolares de todos os días lectivos mentres estean suspendidas as clases presenciais a aquelas familias que durante o curso son beneficiarias dunha bolsa de comedor gratuíta (que non pagan nada polo servizo) ou semigratuíta que pagan 1 euro/día, naqueles centros públicos cuxo servizo de comedor está xestionado pola Consellería.

Presentación de solicitudes

Tal e como publica o 30 de marzo o Diario Oficial de Galicia, a solicitude formal deberá presentarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración dos equipos directivos dos centros de ensino onde estean escolarizados os seus fillos.

Cada familia presentará unha única solicitude na que incluirá a totalidade dos fillos e fillas (cada un deles debidamente identificado) que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 € no comedor escolar xestionado pola Consellería nun centro de ensino público; así como a información da conta bancaria onde realizar o ingreso da compensación.

Segundo os datos da Consellería, a xaneiro do presente curso, o número de beneficiados por esta medida son preto de 45.000 alumnos, a razón de 40.480 usuarios con comedor gratuíto e 3.813 semigratuíto que pagan 1 euro. Así, no caso dos usuarios de comedor gratuítos a Consellería aboaralles 2,5 euros/día, e no caso dos usuarios semigratuítos recibirán 1,5 euros/día durante os 14 días lectivos computados durante a vixencia da declaración da situación de Emerxencia Sanitaria.

Para tal fin a Consellería de Educación vén de habilitar un crédito de 3 millóns de euros, que é o estipulado para atender os 14 días lectivos que van entre o comezo da suspensión da actividade lectiva presencial e dos servizos educativos complementarios o pasado 16 de marzo ata o día 12 de abril; así como unha previsión no caso dunha eventual segunda prórroga da situación de alarma.



AdxuntoTamaño
Instrución comedores.pdf647.02 KB