Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía transmitímosvos unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, que van dirixidas a toda a comunidade educativa.

PARA O ALUMNADO:

  • Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que está situación é transitoria.
  • Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
  • Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade.
  • O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica.
  • É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.

PARA AS FAMILIAS:

  • Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
  • Transmitídelle que a responsabilidadeé de todos, empezando pola casa.
  • Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
  • Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas o mellor que teñen.
  • Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos e inquedanzas.
  • Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.

PARA O PROFESORADO:

  • Racionalizade o traballo que enviedes ao voso alumnado. Lembrade que o alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando por unha  situación de estrés transitoria.
  • Non todo son cuestións académicas, non esquezades o eido emocionaldo voso alumnado.
AdxuntoTamaño
Comunicado centros educativos.pdf139.12 KB